Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos / Traballos con Amianto

Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición ao amianto

10-05-2022 - INSST

A presente guía técnica proporciona criterios e recomendacións actualizados para axudar ás empresas e responsables de prevención, así como a persoas traballadoras e aos seus representantes, a interpretar e aplicar correctamente o RD 396/2006, do 31 de marzo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición ao amianto.

 

A ampliación e mellora das orientacións técnicas incorporadas a este documento, en todo o relativo á avaliación e prevención dos riscos para a saúde como consecuencia da exposición ao amianto no lugar de traballo, supón un avance cara á consecución dunhas condicións de traballo máis seguras e a garantir tanto a seguridade e saúde das persoas traballadoras como de terceiros que puidesen verse afectados por actividades nas que estean implicados materiais con amianto.

Ligazón á "Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición ao amianto - Ano 2022"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS