Co financiamento de:
/ Portada / Lexislación

Real Decreto 612/2024, do 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo

03-07-2024 - BOE

O real decreto consta dun preámbulo, dun artigo único e de tres disposicións finais.

No seu artigo único procédense a modificar os artigos 1 a 6 e 8 a 11, a disposición adicional segunda, as disposicións finais primeira e segunda e os anexos II e III do Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, e, así mesmo, incorpórase un novo anexo III bis. Como xa se avanzou, a principal novidade reside na introdución dos axentes reprotóxicos na esfera de protección desta normativa, para o que se efectuaron os axustes necesarios no articulado. Entre outras modificacións, introducíronse novas definicións, prevendo as especificidades derivadas da existencia de axentes reprotóxicos segundo conten ou non con limiares; e estableceuse un prazo específico de conservación de determinados documentos. Con todo, as novidades non se limitan a esta cuestión, pois é de destacar a énfase en reforzar a formación e información proporcionada ás persoas traballadoras na materia, a incorporación de ata catorce novos axentes na táboa de valores límite de exposición profesional do anexo III, así como o establecemento, no novo anexo III bis, dun valor límite biolóxico de chumbo en sangue e das circunstancias en que procede efectuar o control biolóxico.

A disposición final primeira refírese ao título competencial. Na disposición final segunda identifícase a directiva cuxa transposición é o obxecto desta norma. Por último, a disposición final terceira refírese á entrada en vigor

Real Decreto 612/2024, do 2 de xullo, polo que se modifica o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo.

Ligazón á sección da nosa web: LEXISLACIÓN ESPECÍFICA AXENTES CANCERÍXENOS E MUTÁXENOS

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS