Financiado por:
/ Portada / Lexislación

Real Decreto 298/2021, do 27 de abril, polo que se modifican diversas normas regulamentarias en materia de seguridade industrial

30-04-2021 - LEXISLACIÓN

Este Real Decreto, publicado no BOE o 28 de abril, modifica artigos de Regulamentos e Instrucións Técnicas Complementarias sobre empresas instaladoras de alta e baixa tenxión, aparellos de elevación e manutención, guindastres móbiles autopropulsadas, protección contra incendios, instalacións frigoríficas, distribución e utilización de combustibles gaseosos e Instaladores ou reparadores e empresas instaladoras ou reparadoras de produtos petrolíferos líquidos.

Artigo primeiro. Modificación do Regulamento electrotécnico para baixa tensión e da súa instrución técnica complementaria ITC-BT-03 «Empresas instaladoras en Baixa Tensión», aprobados polo Real Decreto 842/2002, do 2 de agosto.

Artigo segundo. Modificación do Real Decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba unha nova Instrución técnica complementaria «MIE- AEM-2» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres torre para obras ou outras aplicacións.

Artigo terceiro. Modificación da Instrución técnica complementaria «MIE-AEM-2» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres torre para obras ou outras aplicacións, aprobada polo Real Decreto 836/2003, do 27 de xuño.

Artigo cuarto. Modificación do Real Decreto 837/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba o novo texto modificado e refundido da Instrución técnica complementaria «MIE-AEM-4» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres móbiles autopropulsadas.

Artigo quinto. Modificación da Instrución técnica complementaria «MIE-AEM-4» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres móbiles autopropulsadas aprobada polo Real Decreto 837/2003, do 27 de xuño.

Artigo sexto. Modificación da instrución técnica complementaria MI-IP05 «Instaladores ou reparadores e empresas instaladoras ou reparadoras de produtos petrolíferos líquidos» aprobada polo Real Decreto 365/2005, do 8 de abril.

Artigo sétimo. Modificación da instrución técnica complementaria ITC-ICG 09, «Instaladores e empresas instaladoras de gas», do Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gaseosos, aprobado polo Real Decreto 919/2006, do 28 de xullo.

Artigo oitavo. Modificación da instrución técnica complementaria ITC-LAT 03, «Instaladores e empresas instaladoras de liñas de alta tensión» do Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión, aprobado polo Real Decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

Artigo noveno. Modificación da Instrución Técnica Complementaria AEM 1 «Ascensores» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, aprobada polo Real Decreto 88/2013, do 8 de febreiro.

Artigo décimo. Modificación da instrución técnica complementaria ITC- RAT 21, «Instaladores e empresas instaladoras para instalacións de alta tensión» do Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión, aprobado polo Real Decreto 337/2014, do 9 de maio.

Artigo undécimo. Modificación do Regulamento de instalacións de protección contra incendios aprobado polo Real Decreto 513/2017, do 22 de maio.

Artigo duodécimo. Modificación do Regulamento de seguridade para instalacións frigoríficas, aprobado polo Real Decreto 552/2019, do 27 de setembro.

 

Ligazón ao Real Decreto 298/2021, do 27 de abril, polo que se modifican diversas normas regulamentarias en materia de seguridade industrial

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS