Co financiamento de:
/ Portada / IDi

Novo material para emprego en plataformas de vías férreas

06-07-2016 - I+D+i

Investigadores da Universitat Politècnica de Valencia,a Universidade de Sevilla e a empresa AZVI obtiveron un material para uso en plataformas ferroviarias que incorpora caucho triturado procedente de pneumáticos fóra de uso (NFU),mesturado con materiais granulares. Este novo material foi instalado nunha liña de ADIF, e segundo os resultados analizados polos científicos da UPV, o emprego deste material reduce considerablemente a vibración transmitida ao entorno.

Así pois, ademaís de permitir a reciclaxe de residuos de pneumáticos en grandes cantidades, achega vantaxes adicionais respecto dos materiais tradicionais: redución da vibración transmitida ao entorno (pode empregarse como alternativa para mellorar o illamento naquelas contornas urbanas con tráfico ferroviario próximo),  incremento da resistencia á abrasión e fragmentación dos materiais granulares calcáreos empregados.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS