Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Unha síncope, recoñecida como accidente laboral

16-01-2014 - ACCIDENTE LABORAL

Un Xulgado de Vitoria recoñeceu como accidente de traballo o período de máis de catro meses de baixa dun traballador que sufriu unha síncope no seu posto de traballo de mensaxeiro e condenou á mutua a pagar a baixa.

Os feitos aconteceron o 6 de novembro de 2012 cando o traballador O.P.C., contratado por unha empresa dedicada á mensaxería e á repartición de correspondencia, sufriu unha síncope de perfil vasovagal, coñecido comunmente como desmaio.

O afectado foi diagnosticado no parte de baixa como síncope e colapso e estivo de baixa ata o 19 de marzo de 2013. Tras a solicitude que se realizou para que esta continxencia fose considerada accidente laboral, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) así cualificouno.

Non obstante, a mutua presentou primeiro unha reclamación ante o propio INSS e posteriormente unha demanda xudicial ao entender que non se tratou dun accidente de traballo.

A sentenza dá finalmente a razón ao traballador e condena á mutua ao pagamento da prestación de baixa por continxencia profesional, xa que acepta os argumentos do INSS de que o período de baixa ten que ser considerado continxencia profesional debido a que este tipo de síncopes se presentan en momentos de ansiedade, e que estes episodios se dan fundamentalmente no posto de traballo e non fóra del.

A nova Lei de Mutuas vai ofrecer novos instrumentos ás mutuas para ocultar as doenzas de orixe profesional, polo que este tipo de situacións se poderían xeneralizar máis aínda. De aí a importancia desta sentenza, posto que derruba os argumentos da mutua e reforza a idea de que é accidente laboral todo o acaecido en tempo e lugar de traballo.

 

Prevention-world.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS