Financiado por:
/ Portada / Delegados

Protección das traballadoras e traballadores ante a calor. ISSGA. INSST. OIT

29-07-2022 - ISSGA. INSST. OIT

O estrés térmico é a causa dos diversos efectos patolóxicos que se producen cando se acumula excesiva calor (tensión por calor) ou se elimina excesiva calor (tensión por frío) no corpo humano. Entendemos por estrés térmico a presión que se exerce sobre a persoa ao estar exposta a temperaturas extremas e que a igualdade de valores de temperatura, humidade e velocidade do aire, presenta para cada persoa unha resposta distinta dependendo da susceptibilidade do individuo e a súa aclimatación.

ISSGA

Para avaliar os riscos da exposición á calor débese ter en conta tanto a carga neta de calor á que os traballadores/as están expostos e que resulta da contribución combinada das condicións ambientais do lugar onde traballan, a actividade física que realizan e as características da roupa que levan, como a resposta fisiolóxica do corpo humano para manter a temperatura interna no rango adecuado. 

A campaña deste ano do ISSGA sobre traballo e calor conta con material informativo dirixido a traballadores e traballadoras daquelas actividades nas que pode haber sobrecarga térmica de xeito permanente polo tipo de actividade ou na época estival pola influenza da temperatura exterior, incidindo especialmente nos principais factores de risco e nas medidas preventivas e actuacións básicas. 

O Triptico recolle os efectos da calor no noso corpo, como evitar os seus danos, os postos de traballo nos que pode hacer ese risco por calor, que debemos facer nos traballos ao aire libre no verán e como actuar ante un golpe de calor.

No Cartel se recolle como evitar danos nos traballos ao aire libre durante o verán e que facer ante un golpe de calor

Ligazón ao Tríptico

Ligazón ao Cartel

INSST

Calculador: Sobrecarga térmica estimada

Este calculador do INSST permite determinar que condicións poden provocar un incremento excesivo da temperatura interna ou de perda de auga, para un individuo san adaptado ao traballo.

Ligazón ao Calculador: Sobrecarga térmica estimada

"Ante a calor pequenos xestos, grandes resultados": No verán, cando se traballe no exterior, adoptaranse as medidas oportunas para evitar os efectos prexudiciais da calor.

Débese priorizar o uso de roupa folgada, de cores claras e que permita a transpiración, preferiblemente de algodón. Débese evitar traballar de forma illada. Ante calquera mínimo síntoma de malestar, débese parar, descansar e chamar a un compañeiro/a. En caso necesario, débese contactar con emerxencias (112).

Débese beber auga de maneira frecuente para manter unha hidratación adecuada.

Débese evitar a radiación solar directa, se non é posible, aconséllase cubrir cabeza e corpo con pezas adecuadas, usar lentes de sol e aplicar protección solar cando cumpra. Débense evitar esforzos nas horas centrais do día. Débense realizar pausas de forma frecuente, e é conveniente descansar nun lugar á sombra, fresco, ventilado e afastado das fontes de calor.

O empresario/a deberá:

Organizar o traballo no exterior para evitar as horas de máis calor, permitir a rotación de tarefas e facilitar as pausas.

Informar dos riscos da exposición á calor e da forma de evitalos.

Proporcionar roupa de traballo folgada, transpirable e de cores claras.

Habilitar lugares de descanso frescos e con sombra.

Poñer ao dispor da persoal puntos de subministración de auga fresca.

Establecer un procedemento ante emerxencias e informar ao persoal.

Golpe de calor: Como detectalo e como actuar?

O efecto máis grave da exposición a situacións de calor intensa é o golpe de calor. Cando se produce o chamado golpe de calor, a temperatura corporal supera os 40,6 ºC, sendo mortal entre o 15 % e 25 % dos casos.

En caso de producirse un golpe de calor, a maneira máis adecuada de actuar é:

•    Colocar ao traballador/a nunha zona á sombra e nun ambiente frío, se é posible.

•    Debe desvestirse ao traballador e recoméndanse duchas con auga fría (15-18ºC). Non debe utilizarse auga máis fría de 15ºC, xa que se produciría unha diminución da perda da calor, debido a un constrinximento dos vasos sanguíneos cutáneos.

•    Se o traballador/a está consciente, fornecerlle auga fría para beber. Se está inconsciente, colocalo en posición recostado sobre un lateral do seu corpo, coa cabeza lixeiramente ladeada, o brazo inferior atrás, estendido, o superior flexionado cara a adiante e arriba e as pernas flexionadas, máis a superior que a inferior.

•    Outra posibilidade é cubrir o corpo con toallas húmidas, cambiándoas con frecuencia e, preferiblemente, en combinación cun ventilador eléctrico ou un dispositivo similar, para que a temperatura do corpo diminúa algo máis.

•    Contacte cun médico e, se é posible, leve ao paciente ao hospital o máis pronto posible. A miúdo, unha persoa que sofre un golpe de calor pode precisar osíxeno, administración de soro por vía intravenosa e, algunhas veces, medicación adecuada.

Efectos debidos a ambientes calorosos:

•    Síncope por calor: a perda de conciencia ou desmaio son signos de alarma de sobrecarga térmica. A permanencia de pé ou inmóbil durante moito tempo nun ambiente caloroso con cambio rápido de postura pode producir unha baixada de tensión con diminución de caudal sanguíneo que chega ao cerebro. Normalmente prodúcese en traballadores non aclimatados ao principio da exposición á calor.

•    Deshidratación: a exposición prolongada á calor implica unha perda de auga e electrolitos a través da sudoración. A sede non é un bo indicador da deshidratación. Un fallo na rehidratación do corpo e nos niveis de electrolitos tradúcese en problemas gastrointestinales e cambras musculares.

•    Golpe de calor: Caracterízase por un incremento elevado da temperatura interna por encima de 40,5ºC, e a pel quente e seca debido a que non se produce sudoración. Neste caso é necesaria a asistencia médica e hospitalización.

Traballar con calor

NTP 922: Estrés témico e sobrecarga térmica. Avaliación de riscos (I)

NTP 923: Estrés témico e sobrecarga térmica. Avaliación de riscos (II)

Contornas calurosas no sector da hostalería, a restauración e o catering

Ante a calor: protéxenos, protéxeche. Construción: As actividades nos sectores de construción, obras públicas, etc. conlevan unha exposición á calor nos meses de verán.

Ante a calor: protéxenos, protéxeche. Sector pesqueiro, agrícola e gandeiro: As actividades nos sectores pesqueiro, agrícola, gandeiro, etc. conlevan unha exposición á calor nos meses de verán.

Ante a calor: protéxenos, protéxeche. COVID-19: Cartel que recolle consellos para evitar ou minimizar os riscos derivados da Covid-19 e a realización de actividades ao calor.

¡que el calor no te queme!: A exposición intensa á radiación solar, en actividades realizadas á intemperie, aumenta a posibilidade de sufrir un golpe de calor.

Cuando vai calor, esta botella te pode salvar. Cartel colección "Traballo sen riscos".

LIGAZÓNS AOS CARTEIS

OIT

APP SunSmart Global UV

A aplicación SunSmart Global UV ofrece previsións meteorolóxicas e de radiación UV para cinco días en lugares de todo o mundo. Destaca as franxas horarias nas que é necesario protexerse do sol, co obxectivo de axudar ás persoas para evitar unha exposición excesiva aos raios UV e a saber cando deben utilizar a protección solar. A aplicación desenvolvida polo Consello Australiano do Cancro de Vitoria e a Axencia Australiana de Protección contra a Radiación e Seguridade Nuclear, foi lanzada pola Organización Mundial da Saúde (OMS), a Organización Internacional do Traballo (OIT), a Organización Meteorolóxica Mundial ( OMM) e o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

Ligazón á aplicación en Apple App  Google Play

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS