Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Posíbel caso de acoso a unha traballadora

10-01-2013 - Psicosocial

A CIG esixe o cese do portavoz do Festival de Cine de Ourense pola súa imputación nun posíbel caso de acoso a unha traballadora. O xulgado de Instrución número 1 de Ourense acordou, nun auto do pasado 27 de decembro de 2012, continuar as dilixencias previas, polo trámite de procedemento abreviado, para esclarecer se os feitos imputados ao administrador e portavoz de OUFF Ourense, fosen constitutivos dun delito tipificado no artigo 173 do Código Penal, por un posíbel caso de acoso continuado a unha traballadora.

Na fundamentación xurídica, o xuíz afirma que os indicios existentes “levan a pensar que efectivamente, por parte de Diego González López, na súa calidade de administrador e portavoz do festival de cine, vense producindo unha situación de acoso continuado hacia a traballadora Ana Belén Cacabelos”, polo que, prosegue a fundamentación, “procede imputar a Diego González López dun delito tipificado no artigo 173 do Código Penal por ter acosado de forma continuada a Belén prevaléndose da situación de superioridade xerárquica que no ámbito laboral ten a respecto da prexudicada”.

No mesmo Auto acórdase o sobreseimento en relación coa ex-concelleira Isabel Pérez, ao considerar o xuíz que, se ben puido producirse pola súa parte unha desatención do problema, non abonda como para tipificalo como delito algún.

A CIG de Ourense valora positivamente esta decisión xudicial, que representa “un respaldo importante a unha loita dura, dolorosa e desigual, que está a levar adiante a traballadora Ana Belén con grande valentía pola súa parte, converténdose nun exemplo a seguir na defensa da dignidade como traballadora”.

Xunto a isto, fixo chegar á actual concelleira responsábel do festival de Cine de Ourense, Ana Garrido, a demanda de cese inmediato do administrador do OUFF Ourense. “Non é de recibo ter como embaixador e representante no mundo do cine e da cultura a unha persoa imputada nun delito tan abominábel como o do acoso a unha traballadora”.

 

Documentos

Nota de prensa. Auto Xulgado..pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS