Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

PREVISEL 2023. Gran afluencia de participantes nas actividades organizadas pola CIG

24-03-2023 - PREVISEL

Algo máis de 100 persoas asistiron á Xornada Formativa organizada pola CIG no marco da 16º edición de PREVISEL, Salón da Seguridade e a Saúde Laboral, en Ourense. A CIG contou nesta feira cun expositor informativo no que foron atendidas as cuestións que prantexaron os visitantes á feira

Na Xornada, na que se trataron contidos relacionados coa violencia e o acoso no ámbito das relacións laborais, protocolo para a prevención e procedemento de actuación nos casos de denuncia, participaron como ponentes Anxo Pérez Carballo, Técnico de Prevención de Riscos Laborais e Secretario Comarcal da CIG en Ourense, Patricia Cordo Ares, Técnica de Igualdade da CIG e Xulia González Pascual, Secretaria Confederal de Saúde Laboral da CIG.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS