PREVISEL 201128-04-2011 - 3 e 4 de maio de 2011Os días 3 e 4 de maio celebrouse en Ourense a 6ª edición de PREVISEL, Salón da prevención e seguridade laboral. A CIG e o Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral estiveron presentes en Previsel. | ![]() |
|---|
A presencia da CIG materializouse a través dun stand no que se puideron consultar as últimas publicacións do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral.
Ademáis dentro das actividades previstas, celebrouse a xornada "O papel das mutuas no actual modelo de Seguridade Social", organizada pola CIG. Este acto tivo lugar o día 4 de maio a partir das 9:15 horas.
Na xornada destacouse o incremento das consultas realizadas no Sindicato que teñen como en referencia diversos problemas relacionados coa xestión Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais. Así mesmo, destacouse a necesidade dunha Historia clínico - laboral única que facilite, entre outras cousas, a detección de enfermidades de tipo profesional.