Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O traballo por quendas afecta a nivel cognitivo

16-11-2022 - SAÚDE LABORAL

É coñecido, e probouse, que o traballo a quendas está relacionado con problemas de saúde como trastornos do soño, enfermidades cardiovasculares, diabetes, obesidade e abuso de substancias. A causa é que o reloxo interno do corpo non se axusta ao ciclo normal de luz e escuridade. O que non se confirmou era como afecta a nivel cognitivo. Hoxe sábese, ademais, que o traballo por quendas está relacionado con afectacións a nivel cognitivo. Así o recollen as conclusións dun metaanálise publicado na revista ‘Occupational & Environmental Medicine’.

Nesta metarrevisión incluíronse 18 estudos, publicados entre 2005 e 2020, nos que participaron 18.802 persoas de 35 anos como idade media. Os parámetros que se revisaron foron:

• Velocidade de procesamento.

• Memoria de traballo.

• Estado de alerta (vixilancia psicomotriz).

• Control dos impulsos e resposta situacional (control cognitivo).

• Capacidade de filtrar os sinais visuais sen importancia (atención visual)

• Capacidade de cambiar inconscientemente de tarefa (cambio de tarefa).

A revisión revelou que o traballo por quendas ten efectos significativos nos seguintes parámetros: peor memoria, menor velocidade de procesamento mental, niveis máis baixos de alerta, menor concentración visual e peor capacidade de controlar os impulsos e a resposta situacional. En cambio, non se apreciou ningún efecto no cambio inconsciente de tarefas.

Os investigadores apuntaron as implicacións que estas conclusións teñen para a seguridade e saúde laboral xa que a redución do rendemento neurocondutual nestes casos podería desempeñar un papel importante en relación coas lesións e os erros relacionados co traballo.

Medias de protección

Ata que se poida profundar máis na análise da deterioración neurocondutual, como medidas de protección para reducir os efectos a nivel cognitivo do traballo a quendas proponse levar a cabo:

• Sestas.

• Plans de recuperación en traballos por quendas.

•Supervisións médicas periódicas

Fonte: Prevención Integral

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS