Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O aire acondicionado provoca baixas laborais e absentismo

06-07-2012 - Hixiene

O mal uso dos equipos e a súa falta de mantemento favorecen a aparición de catarros, tose, faringitis, rinitis, asma, pneumonía ou dores de cabeza. Por outra banda, o contacto directo do aire acondicionado co corpo, especialmente coas costas ou a cara, pode provocar distintas contraturas musculares, lumbalxia e cervicalxia.

O Colexio Profesional de Fisioterapeutas da Comunidade de Madrid (CPFCM) alerta do perigo do uso "abusivo" do aire acondicionado en contacto directo con partes do corpo como as costas ou a cara, mentres se traballa, conduce e, especialmente, mentres se dorme.

"É importante que a pel e a musculatura non reciba o chorro directo de aire frío, dado que o noso corpo reacciona provocando unha brusca contracción muscular que nos pode provocar desde tortícolis até parálises faciais, nos casos máis graves", advirte a institución colexial.

Segundo explican os fisioterapeutas, o mecanismo de regulación do corpo en relación a un exceso de calor provoca a suor de forma natural para refrigerar e preservar o equilibrio da temperatura corporal, pero a posibilidade artificial que proporciona o aire acondicionado fai que o organismo non poida adaptarse ao contraste deste ambiente.

Ademais, a falta de limpeza dos filtros do aire acondicionado pode provocar problemas nas vías respiratorias tales como faringitis, típicos arrefriados, infeccións respiratorias, como a enfermidade do lexionario, e mesmo problemas gastrointestinales.

"É imprescindible realizar un bo mantemento dos equipos de aire acondicionado para evitar este tipo de patoloxías", aconsella.

Por outra banda, informa de que existe un gran contraste climático entre os distintos lugares que frecuentamos, como a oficina, o fogar ou os vehículos, á temperatura da rúa, podendo haber unha diferenza de máis de 10 graos nun breve período de tempo.

Especialmente, nos meses de verán, os sistemas de aire acondicionado someten o organismo a oscilacións entre os 35-40ºC e os 20-25ºC.

Estes cambios bruscos, que se producen ao pasar dunha zona refrixerada á sufocante calor exterior e viceversa, orixinan un amplo abanico de enfermidades que disparan as baixas laborais e o absentismo durante a tempada estival, conclúe o CPFCM.

Fonte: preventionworld.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS