Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Tribunal Supremo recoñece como enfermidade profesional a síndrome do túnel carpiano no sector de Axuda a Domicilio

22-07-2022 - TRIBUNAL SUPREMO

O Tribunal Supremo recoñeceu como enfermidade profesional a síndrome do túnel carpiano no Servizo de Axuda a Domicilio en relación a unha traballadora deste sector en Zornotza. A sentenza rexeita o recurso da Mutua Asepeyo e senta xurisprudencia a nivel estatal

A traballadora afectada, pertencente a Valoriza Servizos á Dependencia S.L.- Sacyr Social S.L. na localidade vizcaina, sufría fortes dores en ambas as mans e, tras ser intervida cirurxicamente, permaneceu varios meses en situación de incapacidade temporal.

A Mutua Asepeyo non considerou que a doenza tivese a súa orixe no traballo e non a recoñeceu como enfermidade profesional, polo que se interpuxo unha demanda no Xulgado do Social de Bilbo, que ditou unha sentenza estimatoria.

A Mutua Asepeyo recorreu esa sentenza ante o Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSXPV), que revogou a decisión do Xulgado do Social.

Interpúxose entón recurso de casación para a unificación de doutrina perante o Tribunal Supremo, que agora senta xurisprudencia a nivel estatal para o sector do Servizo de Axuda a Domicilio.

A partir de agora as auxiliares do SAD que sufran doenzas pola síndrome o túnel carpiano que deriven nunha incapacidade terán que recibir o recoñecemento como enfermidade profesional da súa doenza por parte das mutuas e a Seguridade Social.

Fonte: naiz.eus

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS