Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O Parlamento Europeo pide respecto dos dereitos humanos ás empresas.

06-06-2013 - RSC

O Parlamento Europeo aprobou unha resolución pola que reclama á Comisión Europea que promova actividades de negocio responsables entre as empresas, e que asegure de que cumpren estritamente coas súas obrigas xurídicas en canto a dereitos humanos e lexislación laboral e ambiental.

Este chamamento realízase cando se está a punto de cumprir un mes da derruba dunha edificio en Bangla Desh no que faleceron máis de 1.000 traballadores de distintas fábricas téxtiles cuxos clientes eran grandes marcas europeas.

Os eurodeputados recordan que Bangla Desh se beneficia dun acceso ao mercado comunitario sen dereitos de alfándega* nin continxentes e que estes privilexios poden ser retirados se se violan de forma grave e sistemática os principios defendidos nas distintas convencións de dereitos humanos.

Nunha resolución aprobada este xoves por 459 votos a favor, un en contra e 13 abstencións, o Parlamento pide á Comisión que investigue o cumprimento destes deberes por parte de Bangla Desh e que considere suprimir estas vantaxes comerciais se conclúe que se produciron violacións neste sentido.

A resolución insiste en que os responsables do colapso do Rana Praza, do incendio na fábrica de Tazreen e de calquera outro incidente similar, deben dar contas ante a xustiza, que as vítimas deben ter acceso pleno ao sistema xudicial e que deben beneficiarse dun plan de compensacións.

Os eurodeputados recoñecen a importancia do Acordo sobre Incendios e Seguridade de Edificios alcanzado recentemente en Bangla Desh entre sindicatos, ONGs e ao redor de corenta multinacionais do sector téxtil. Non obstante, instan a outras empresas téxtiles a sumarse a esta iniciativa, incluíndo firmas como Walmart, Gap, Metro, NKD e Ernstings, que continúan rexeitando calquera acordo vinculante.

Por último, tamén se pon de manifesto que o plan de acción adoptado a principios de maio co fin de reformar a lexislación laboral é tamén unha medida ben acollida pola Eurocámara. Non obstante, os eurodeputados esperan que o goberno e as principais autoridades xudiciais investiguen as denuncias que apuntan a que a normativa nacional de edificios non se aplicou debido a unha combinación de funcionarios corruptos e propietarios que buscaban reducir os seus custos.

*aduana

 

Fonte de Datos: e-saudable

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS