Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Novo regulamento de instalacións de protección contra incendios

01-06-2017 - Seguridade

O pasado 19 de maio, o Consello de Ministros aprobou o novo Real Decreto polo que se publica o novo Regulamento de Instalacións de protección Contra Incendios (RICIP). Este novo Real Decreto vai derrogar, entre outros, o actual Real Decreto 1942/1993, do 5 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios. A entrada en vigor deste novo Regulamento producirase aos seis meses da súa publicación no Boletín Oficial do Estado,

O obxecto deste Regulamento é a determinación das condicións e requisitos esixibles ao deseño, instalación/aplicación, mantemento e inspección dos equipos e sistemas que conforman as instalacións de protección activa contra incendios.
O disposto neste Regulamento será de aplicación aos equipos, sistemas e compoñentes que conforman as instalacións de protección activa contra incendios e quedan suxeitos ao mesmo tanto as empresas instaladoras como as empresas mantedoras de instalacións de protección contra incendios, os fabricantes, importadores, distribuidores ou organismos que interveñan na certificación ou avaliación técnica dos produtos, e todos aqueles que puidesen verse afectados por esta regulación.
O RICIP regula os seguintes aspectos: Produtos de protección contra incendios, empresas instaladoras e empresas mantedoras de instalacións de protección contra incendios, instalación, posta en servizo e mantemento de instalacións de protección contra incendios, inspeccións periódicas de Instalacións de protección contra incendios, réxime disciplinario.

Para equipos ou sistemas que se atopan instalados ou que solicitasen a licenza de obras correspondente antes da entrada en vigor do novo Regulamento, este seralles de aplicación o relativo a mantemento e inspección. Así no caso de operacións de mantemento que non se atopen previstas no actual Regulamento aprobado por Real Decreto 1942/1993, do 5 de novembro, deberán comezar a realizarse nun prazo máximo dun ano, a partir da entrada en vigor do presente regulamento. No referente ás inspeccións, as instalacións de protección contra incendios existentes á entrada en vigor do presente regulamento deberán someterse á primeira inspección aos dez anos da súa posta en servizo. No caso de que as instalacións de protección contra incendios existentes conten con con dez ou máis anos de antigüidade desde a súa posta en servizo, deberán someterse á primeira inspección nun prazo dun ano.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS