Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Nenos/as en traballos perigosos. O que sabemos. O que debemos facer

20-12-2011 - OIT

O presente informe elaborado pola OIT, estuda a situación actual do coñecemento existente sobre os nenos en traballos perigosos e presenta o caso a partir dun novo enfoque no marco dun esforzo global máis amplo para eliminar as peores formas de traballo infantil.

O informe resalta a recente tendencia global ao mesmo tempo que resume de maneira exhaustiva as evidencias científicas relacionadas coa saúde e o benestar dos nenos traballadores. Así mesmo, identifícanse os desafíos crave, non só para comprender os efectos que ten o traballo perigoso no desenvolvemento dos nenos, senón tamén para previr e eliminar os riscos ocupacionais perigosos para os nenos. O informe tamén destaca enfoques de boas prácticas aplicados por diversos grupos de partes interesadas, que demostraron o seu potencial para ser utilizados globalmente, e analiza a importancia de dar unha resposta á situación a través dunha política integrada.

Enlace ao informe "Nenos/as en traballos perigosos"

Fonte: OIT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS