Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Nanomateriais e prevención

04-12-2013 - Saúde laboral

No mundo que poderiamos chamar occidental as autoridades abstivéronse por agora de regular a exposición laboral aos nanomateriales amparándose na incerteza dos seus efectos. En consecuencia as medidas preventivas realmente adoptadas móvense entre a aplicación do principio de precaución e a nada, segundo a apreciación do problema que efectúan quen toman as decisións na trincheira propiamente dita.

En Xapón, en cambio, a filosofía é ben distinta. O 31 de marzo de 2009 o Director Xeral da Oficina de Normas Laborais do Ministerio de Saúde, Traballo e Benestar (observen a orde dos termos, que dista moito de ser casual) publicou a Notificación Non.0331013 dirixida aos responsables rexionais do departamento na que manifestaba que "Aínda que falta moito por saber sobre os efectos dos nanomateriales sobre a saúde... algúns estudos informaron de que certos tipos de nanomateriales presentan efectos adversos sobre os ratos e outros roedores en determinadas condicións".
A notificación establece as medidas preventivas que deben adoptarse fronte á exposición a nanomateriales e insta os responsables rexionais a notificala aos empresarios afectados "para que sexan implementadas".
Entre as medidas a adoptar pode lerse: "Excepto no caso nos que non haxa posibilidade de que os traballadores se vexan expostos aos nanomateriales, por exemplo cando estes están incorporados nunha matriz sólida como unha resina, en principio os equipos de fabricación e manipulación deberán ter unha estrutura hermética".
Así mesmo todos os procesos de dosificación, pesada, etc. deberán efectuarse en equipos herméticos ou ser realizados sen intervención humana directa (unmanned). Cando os equipos non poidan ser herméticos deberá recorrerse á extracción localizada, preferiblemente do tipo cabina. E o aire extraído deberá ser tratado mediante filtros de alta eficacia antes de ser descargado ao exterior.
Ademais adóptanse instrucións específicas de vixilancia da saúde e de rexistro de operacións e persoas participantes, a fin de recoller información que poida ser de relevancia epidemiolóxica no futuro.
Fonte: JNIOSH

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS