Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Morre despois de traballar 72 horas seguidas.

27-08-2013 - Accidente laboral

Un mozo de 21 anos que traballaba nun banco de investimento en Londres foi achado morto na súa residencia despois de tres días de traballo sen parar, segundo informa o diario británico The Independent. Trátase dun mozo de orixe alemá, que participaba nun programa de intercambio coa Universidade de Michigan. Traballaba como bolseiro na oficina de Londres do Bank of América, e o seu falecemento produciuse apenas sete días antes de terminar o seu período de prácticas.

O mozo sufriu un ataque de epilepsia e derrubouse na ducha da súa residencia de estudantes na capital británica.  Bolseiro en Bank of América, chegou a casa ao seis da mañá despois de tres días de traballo seguido.
O diario británico asegura que os bolseiros traballan habitualmente 14 horas ao día. Segundo o testimo dun exbanquero, os estudantes en prácticas "poden traballar 100 ó 110 horas á semana".
Outro mozo que realizou prácticas nun banco de investimento en 2011 asegura que os bolseiros "traballan as horas que se lles ordena". "Para os bolseiros, o peor pesadelo era o que chamabamos The Magic Roundabout, que é cando un taxi cue deixa as sete da mañá a casa, espérate mentres te duchas e te mudas, e vólvete a levar á oficina".

Fonte: prevencionar.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS