Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Convenio para combater a sinistralidade laboral e evitar a impunidade dos seus responsables

19-04-2023 - BOE

O Convenio para a investigación eficaz e rápida dos delitos contra a vida, saúde e a integridade física dos traballadores/as e a execución das sentenzas condenatorias ten por obxecto establecer os protocolos de actuación e os mecanismos de cooperación na investigación das accidentes mortais, moi graves e graves, na indagación dos delitos de risco e na execución de sentenzas condenatorias. Inclúe a actuación no caso de accidentes con resultado de morte ou lesións graves ou moi graves, a indagación dos delitos de risco e execución das sentenzas condenatorias

O referido convenio, publicado o pasado 27 de xaneiro, mediante Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (BOE 27/01/2023), establece tres tipos de protocolos:

Protocolo de actuación no caso de accidentes con resultado de morte ou lesións graves ou moi graves (Anexo I). Describe as actuacións das diferentes administracións cando se coñece a existencia dun accidente. Os facultativos ou autoridade sanitaria que atendan a un ferido deben elaborar un parte médico que deben remitir ao xulgado de instrución, contendo o nome da empresa e a actividade que realizaba cando se produciu o accidente, con fotografías e descrición das feridas. Pola súa banda, a policía xudicial deberá recoller todos os efectos que poidan axudar a unha mellor comprobación do sucedido. Este labor tamén o poderá levar a cabo a Inspección de Traballo e Seguridade Social comunicándoo ao xulgado e garantindo a cadea de custodia. Realizarase o ofrecemento de accións e informarase aos accidentados ou familiares da conveniencia de recibir asesoramento xurídico, podendo remitirlles como primeiro paso aos Servizos de Orientación Xurídica do Colexio de Avogados.

Protocolo de actuación para a indagación dos delitos de risco (Anexo II). Prevese a coordinación para os supostos de infraccións graves ou moi graves da normativa de prevención de riscos laborais que non leven aparelladas a produción dun resultado lesivo, ou para aqueles casos nos que intervén a Inspección de Traballo e Seguridade Social e que, a pesar de producirse un resultado lesivo, este non reviste en principio dunha gravidade tal que determine a activación do protocolo previsto no Anexo I.

Protocolo de actuación para a execución das sentenzas condenatorias, especialmente no relativo a condenas de penas de inhabilitación (Anexo III).

Ligazón á Resolución do 20 de xaneiro de 2023, da Subsecretaría, pola que se publica o Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, o Ministerio Fiscal, o Ministerio do Interior, o Ministerio de Xustiza, e o Ministerio de Traballo e Economía Social, para a investigación eficaz e rápida dos delitos contra a vida, a saúde e a integridade física dos traballadores e a execución das sentenzas condenatorias, e para a toma de conciencia social deste problema.

FOnte: Lexology

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS