Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Claves para controlar o estrés no traballo

20-04-2017 - SAÚDE

Non Estado español seis de cada dez traballadores/as sofre algún tipo de tensión no traballo, segundo cifras do Instituto Nacional de Estatística (INE). O 20% dos empregados europeos afirma padecer a síndrome Burnout ou traballador/a queimado/a, segundo un estudo da Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e Traballo.

A tensión laboral aparece cando as esixencias do propio traballo (ritmo, intensidade, carga,…) impídennos facerlle fronte ao mesmo ou ben manter estas esixencias baixo control, unha realidade que sofre o 59% dos/as traballadores/as do Estado, segundo cifras do INE.

Traballar baixo presión nin é bo, nin é saudable, de feito algunhas das consecuencias de sufrir esta situación son a irritabilidade, o esgotamento mental e físico ou a depresión.

 Aquí expoñemos algún consellos para axudar a rebaixar e controlar o nivel de tensión, para que este sexa menos daniño:

1. Mellorar a organización. Coidar a orde no teu lugar de traballo permitirache finalizar a tempo. Ao planificar será máis doado lidar cunha carga de traballo considerable e cumprir coas datas de entrega. Pero non só iso, manter ordeado o posto de traballo e os documentos axúdanos a gañar tempo.

2. Establecer unha lista de prioridades. Ordenar de forma clara as actividades pendentes dependendo da súa prioridade a curto, medio e longo prazo, sen incluír a data límite para evitar presións, favorece a diminución de tensión.

3. Potenciar a nosa capacidade para dicir “non”. Comprometerse con aquelo que somos conscientes de que non poderemos cumprir aumenta a sensación de presión. Ás veces, só con dicir “non” acabaríanse moitas xornadas interminables.

4. Actualización técnica. Outra das causas da tensión laboral é a falta de coñecemento das novas tecnoloxías e os seus métodos. Manterse actualizado pode axudar a gañar tempo á hora de realizar unha actividade que doutra forma levaría moita máis.

5. Estruturar os descansos entre horas. Estar oito horas consecutivas sentado diante do computador diminúe a produtividade. Un consello: desconecte polo menos 3 minutos cada dúas horas para estirar as pernas e hidratarse un pouco.

6. Durmir polo menos 8 horas ao día. Axudaranos a recuperar e renovar a enerxía necesaria para enfrontarse a unha nova xornada.

7. Gozar de vacacións. Para evitar a temida síndrome Burnout ou traballador/a queimado/a, que sofren o 20% dos/as empregados/as europeos/as segundo un estudo da Fundación Europea para a Mellora das Condicións de Vida e Traballo, é fundamental que os/as traballadores/as gocen de períodos de descanso. Momentos nos que esquecerse das tarefas diarias e esquecer o teléfono, tablet ou PC para que non sexan factores de fractura do tempo de descanso. Algo que se está a levar a cabo en países como Francia grazas ao dereito a desconectarse fóra do horario de traballo. Reforma laboral que entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2017, despois de incluírse no  código laboral.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS