Financiado por:
/ Portada / Delegados

Cara a unha ergonomía intelixente. Guía práctica do Método Forces baseado en captura de movemento

19-07-2022 - INSST

Este artigo, publicado na revista Seguridade e Saúde no Traballo Nº 111 do INSST, detalla os fundamentos do método ergonómico Forces para a súa aplicación práctica e interpretación. O Método Forces está deseñado para aplicarse mediante tecnoloxía de captura de movemento e permite calcular os riscos en cada articulación, tanto para cada postura, como para o conxunto do posto de traballo avaliado.

As avaliacións ergonómicas de postos de traballo son especialmente benefciosas para levar a cabo acciones preventivas, especialmente en contornas de produción nos que hai tarefas repetitivas e a carga postural é alta.

Así mesmo, o contexto actual demostra que os métodos ergonómicos tradicionais deben complementarse con métodos ergonómicos intelixentes que consideren as posibilidades que achega a tecnoloxía.

Este artigo detalla os fundamentos do método ergonómico Forces para a súa aplicación práctica e interpretación. Forces está deseñado para aplicarse mediante tecnoloxía de captura de movemento e permite calcular os riscos en cada articulación, tanto para cada postura, como para o conxunto do posto de traballo avaliado.

O cálculo baséase na medición postural cinemática e unha estimación cinética de todas as forzas e esforzos de torsión que soportan as articulacións durante o movemento.

A aplicación deste método polo persoal técnico de prevención axuda a reducir trastornos musculoesqueléticos causados por tarefas repetitivas e a diminuír as perdas sociais, económicas e de produtividade que estes trastornos conlevan.

Ligazón ao artigo “Cara a unha ergonomía intelixente. Guía práctica do Método Forces baseado en captura de movemento”

Fonte: INSST

Documentos

Artigo Cara a unha ergonomía intelixente. Guía práctica do Método Forces baseado en captura de movemento. Revista SST Número 111 INSST.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS