Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

As novas tecnoloxías e as interrupcións no desenvolvemento das tarefas

18-07-2016 - Psicosocial

A atención das mensaxes de correo, chamadas telefónicas ou calquera outro tipo de interrupción que nos aparta da execución das tarefas, ten un custe en tempo que excede do que é o propio da atención; existen diversos estudos que indican que para volver á tarefa inicial, logo dunha interrupción, debemos empregar valiosos recursos cognitivos para reorientar as respostas e acadar o grao de concentración que tiñamos no momento da parada. As continuas interrupcións que se realizan para atender correo electrónico, chamadas telefónicas ou calquera outro requerimento externo á tarefa (ladróns de tempo) provocan no traballador/a unha sensación de perda de tempo, pois ve como se reduce a súa produtividade, de cansanzo e de letargo.

Segundo unha investigación da Universidade de California, cando estamos absolutamente absortos nunha actividade calquera, as distraccións menores poden ter un efecto profundo, de tal xeito que podemos tardar unhs 20 minutos en recuperar o estado de concentración que tiñamos no momento da interrupción.

Os resultados dunha enquisa realizada por TNS Investigación, encargada por Hewlett Packard, amosan que a metade dos profesionais enquisados responde os correos electrónicos antes dunha hora de recibilo, e ademais un de cada cinco é capaz de renunciar a unha tarefa ou a un compromiso social, para responder as súas mensaxes; así mesmo, tres de cada dez persoas pensan que os que responden a mensaxes nunha reunión presencial non son uns maleducados, senón que cren que facelo demostra dilixencia e eficiencia.

Un experimento realizado na Universidade de Londres revela que permitir que o noso traballo sexa continuamente interrompido por distraccións, aparentemente inofensivas, como poden ser os correos electrónicos, mensaxes de texto, chamadas telefónicas, etc., suponnos perder 10 puntos do noso coeficiente intelectual, para a realización da tarefa principal.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS