Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

As horas de garda sen actividade computan como as horas de traballo efectivo

02-10-2023 - SENTENZA

O Tribunal Supremo emite sentenza declarando que os traballadores/as técnicos/as en emerxencias sanitarias de Aragón teñen dereito a cobrar as horas de presenza coma se fosen horas de traballo efectivo, a efectos do computo da xornada máxima de 1.792 horas anuais fixada no Convenio Colectivo. Por tanto, o fallo ditado polo Supremo resolve que ditas horas (de presenza) han de cualificarse como extraordinarias cando pasen ese límite ou o de 160 horas cuadrimestrais.

A prestación do servizo destas persoas traballadoras lévase a cabo mediante quendas rotatorias entre os empregados/as de 8, 9 e 12 horas, durante os cales os técnicos/as de emerxencias sanitarias deben permanecer no centro de traballo e ao dispor da empresa, aínda que unhas horas son de traballo efectivo e outras son de presenza, en espera de prestar un servizo. Ademais, ás veces, as persoas traballadoras realizan horas máis aló da súa xornada laboral diaria, ben por alongar un servizo, ben por unha suplencia, ou outro de carácter excepcional.

Con todo, a empresa consideraba estas horas de máis como horas de presenza e retribúeas como tales. Así mesmo, retribúe todas as horas da xornada laboral como horas de traballo efectivo, con independencia de que durante as mesmas haxa tempos de espera ou de presenza. Os cuadrantes de horarios recollen 8 horas de traballo efectivo diarias, aínda que a empresa non leva un rexistro diario que distinga as horas de presenza das horas de traballo efectivo.

Apresentouse unha demanda de conflito colectivo contra UTE Novos Transportes Sanitarios de Aragón, Amberme, S.A., Transport Sanitari de Catalunya, S.L.U., a Deputación Xeral de Aragón (Departamento de Sanidade), UTE Transalud Aragón, Ivemon Ambulancias Egara, S.L. e Ambulancias Maiz, S.A. En dita demanda solicitabase que se ditase sentencia declarando que as horas “de presenza” son horas de traballo efectivo e por tanto, teñen carácter de horas extraordinarias cando a súa prestación implique a superación de 160 horas cuatrisemanales; e cando se supera a xornada máxima anual de 1.792 horas fixadas no Convenio Colectivo, ou subsidiariamente no Estatuto dos traballadores con dereito ao abono das horas extraordinarias na contía fixada no art. 15 de Convenio de aplicación.

O Supremo revoga a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza

O Tribunal Superior de Xustiza de Aragón desestimou a demanda de conflito colectivo ao entender que as horas de presenza deben cualificarse como de traballo efectivo en razón das circunstancias en que se prestan a enteira disposición do empregador, pero conclúe que é conforme a dereito o diferenciado tratamento que o convenio colectivo atribúe ás horas de presenza respecto a as de traballo efectivo, sendo está consideración a que lle leva a desestimar a demanda.

Así mesmo, a sentenza do TSX entende, por mor da proba testifical achegada polos propios demandantes que, na xornada ordinaria das persoas traballadoras mestúranse horas de presenza con outras de traballo efectivo. Á vez sinala que non consta exactamente o número de horas de presenza de cada xornada.

Contra dita sentenza presentouse recurso de casación, o cal foi estimado polo Tribunal Supremo. Desta maneira, a Sala do Alto Tribunal declara que as horas de presenza deben computarse como de traballo efectivo para o cálculo da xornada máxima e pagamento de horas extraordinarias de superarse as 1.792 horas anuais ou 160 cuatrisemanais.

Os maxistrados/as do Supremo razoaron que, a efectos da duración máxima da xornada de traballo e consecuente pagamento de horas extraordinarias, “constitúe tempo efectivo de traballo o de permanencia na base ou centro de traballo dos empregados do servizo de transporte de enfermos en ambulancia, mentres están á espera de que poidan ser chamados para a realización dun servizo.

A xuízo da Sala, nos devanditos períodos concorren as notas definitorias do tempo de traballo, en tanto que, durante os mesmos as persoas traballadoras non dispoñen de liberdade para adicarse ás actividades persoais e de lecer que libremente quixesen realizar, senón que teñen que permanecer necesariamente nun determinado espazo físico ao dispor da empresa para dar resposta inmediata aos servizos para os que poden ser requiridos.

Deste xeito, o Supremo falla que esa falta de liberdade dos técnicos/as en emerxencias sanitarias para empregar o seu tempo persoal a outras actividades é constitutiva para declarar que as horas de presenza computen como tempo de traballo efectivo a efectos de xornada.

Fonte: Economistjurist

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS