Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

As enfermidades vasculares son a segunda causa de morte nos accidentes de traballo

08-04-2015 - SAÚDE

As enfermidades cardiovasculares son xa a segunda causa de morte en accidente de traballo, representando ao redor do 31% do total das mortes producidas en xornada laboral e supoñendo cerca de 23.000 baixas laborais anuais, cun custe estimado para as empresas de 2.500 euros por traballador e ano.

O 30% da poboación traballadora presenta un risco cardiovascular alto, é dicir padecen dous ou máis factores de risco cardiovascular (hipertensión, obesidade, tabaquismo, diabetes e sedentarismo). A presenza destes factores de risco aumentan considerablemente a posibilidade de desenvolver unha enfermidade cardiovascular. Algún deles, desgrazadamente non son modificables, xa que non podemos intervir neles: a idade, os antecedentes familiares ou o sexo; mais esixten outros factores sobre os que si podemos intervir para reducir o risco cardiovascular tal e como son a redución das cifras de colesterol, a hipertensión arterial, a obesidade, o sedentarismo, o consumo de tabaco ou a diabetes.

Neste senso, é de vital importancia coñecer e adoitar unha serie de importantes medidas de prevención cardiovascular que, a pesares de ser bastante coñecidas pasamos agora a recordar:

1. Eliminar totalmente o consumo de tabaco.

2. Evitar o sobrepeso.

3. Practicar exercicio dun modo habitual, cando menos con 30 minutos de actividade moderada ao día.

4. Manter uns hábitos alimentarios completos e equilibrados, identificados coa dieta mediterránea.

5. Manter uns niveis de colesterol baixos.

6. Manter as cifras de colesterol LDL (colesterol malo) por debaixo de 115 mg/dl.

7. Vixiar e controlar a tensión arterial mantendo unha presión arterial de  <140/90 mmHg.

8. Controlar a glicemia para previr complicacións cardiovasculares se é unha persoa diabética.

9. Evitar a obesidade central, é dicir, a graxa acumulada no abdome porque é perigosa para o corazón.

10. Durmir axeitadamente un mínimo de 7 horas diarias, xa que un bo descanso asegura un mellor rendemento, menor estrés e unha mellor saúde cardiovascular.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS