Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Apuntes sobre o accidente in itinere

04-12-2023 - FSL

En seguridade laboral e dereito laboral denomínase accidente in itinere ao sufrido por un empregado/empregada durante o traslado desde o seu domicilio ata o seu lugar de traballo e viceversa. Non o son aqueles casos en que a persoa traballadora interrompa ou modifique o traxecto por causas alleas ao traballo, dado que rompe o nexo causal.

Se o accidente é o resultado dunha imprudencia do traballador/a, a Lei non o recoñece como accidente laboral. Por outra banda, a normativa require que un accidente in itinere reúna catro requisitos, que explicamos a continuación.

Requisitos dun accidente laboral in itinere

Factor intencional. Tamén recibe o nome de teleológico porque alude ás causas ou os fins. O propósito do traxecto debe ser ir ou regresar do traballo, sen interrupcións por motivos privados ou persoais alleos ao mesmo. En caso de darse, existiría un apartamiento do nexo causal entre a ida e a volta ao traballo.

Factor xeográfico. O roteiro debe ser a regular entre o lugar de residencia e o lugar de traballo ou viceversa. O domicilio pode ser non soamente o legal, senón tamén a segunda vivenda. O accidente in itinere debe suceder unha vez iniciado o desprazamento, cuxo inicio non sucede no portal do inmoble, senón na porta do fogar. Este factor tamén se denomina topográfico.

Factor mecánico. O medio de transporte ou locomoción utilizado polo traballador/a debe ser o habitual e o apropiado para a distancia en cuestión.

Factor cronolóxico. O accidente debe producirse dentro do prazo temporal habitual e en condicións normais. As paradas han de ser breves e sen expoñerse innecesariamente a unha situación de risco. O tempo investido non pode abarcar interrupcións por causas particulares que afecten á relación de causalidade, tendo presentes a distancia e o medio de transporte

Que facer tras un accidente no desprazamento ao traballo

Se tes un accidente de calquera tipo mentres te trasladas ao lugar de traballo ou viceversa, convén seguir certas pautas para tramitar a baixa, se corresponde, ou a compensación económica apropiada.

O primeiro paso é informar á empresa o sucedido.

Se che cobre un seguro de accidentes, debes facelo constar para que che indiquen os pasos para seguir.

Acode ao médico da empresa. Se o accidente é grave, debes ir ao centro sanitario máis próximo, requirindo os partes médicos e o tratamento para seguir.

Estes partes e documentos entregaralos ao médico da empresa, que os valorará para tramitar a baixa laboral ou a acción legal que corresponda.

Como traballador/a, es ti quen debe demostrar que sucedeu un accidente in itinere cun nexo causal entre o contratempo e o traballo.

Fonte: seguridad-laboral.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS