Financiado por:
/ Portada / Delegados

Aproximación aos factores psicosociais das persoas teleoperadoras en call center

03-05-2021 - INSST

O INSST pon a disposición este artigo publicado na Sección técnica da revista Seguridade e Saúde no Traballo Nº 106. O artigo profunda nas tarefas desempeñadas polo colectivo deteleoperadores, nos factores psicosociais presentes no seu traballo e propón unha serie de actuacións recomendadas para a súa mellora.

O sector de call centers ocupa en España a máis de 60.000 persoas. O número de operadores é cada vez maior, pero, a miúdo, trátase dun colectivo cun alto grao de invisibilidade que presenta unha problemática concreta en materia de saúde laboral. Aínda que as aproximacións clásicas a este sector desde a perspectiva da prevención de riscos laborais fixéronse cun enfoque basicamente ergonómico, a natureza do traballo desempeñado require a identificación de factores específicos de risco psicosocial e as súas consecuencias neste colectivo.

Ligazón ao artigo "Aproximación aos factores psicosociais dos teleoperadores en call center"

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS