Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Acoso laboral: como identificalo e facerlle fronte

27-10-2011 - Psicosocioloxía

Un de cada dez traballadores sofre mobbing, ou o que é o mesmo, un acoso psicolóxico inxusto, continuo e humillante na súa contorna laboral; pode provocar a baixa e mesmo a renuncia ao posto de traballo. Nun 70% dos casos o acosador é o xefe, normalmente un home. O acoso laboral tamén se produce entre compañeiros de traballo e, de maneira excepcional, de subordinado a xefe.

O mobbing sófreno por igual homes e mulleres. E prodúcese en todo tipo de empresas, aínda que parece que é máis frecuente en sectores como a administración pública, os organismos sociais e os medios de comunicación. Calcúlase que afecta diariamente a entre un 5% e un 15% dos traballadores. Unha porcentaxe que aumenta até o 23% se se lles pregunta por toda a súa historia laboral.

O mobbing ou acoso laboral é un conxunto de condutas de agresión psicolóxica que perseguen desacreditar a capacidade e a reputación profesional e persoal da vítima. Deben confluír catro condiciones: que o acoso se produza no lugar de traballo, que sexa reiterado e frecuente, que haxa unha intención de facer dano á vítima, que menoscabe os dereitos fundamentais, basicamente, a dignidade e integridade moral.

Algúns exemplos de mobbing: descualificar o traballo da vítima, ridiculizala publicamente, ignorala, asignarlle tarefas de escaso valor propias de categorías inferiores, atribuírlle problemas mentais, etc.

Actúa canto antes. Moitas vítimas de acoso laboral terminan sufrindo tensión postraumática, depresión e ansiedade. Uns síntomas que poden chegar a causar a baixa e, en último termo, a renuncia ao emprego (precisamente, o obxectivo do acosador). Por iso, fronte ao mobbing, o mellor é actuar canto antes.

Non te illes. Comenta a situación con familiares, amigos e compañeiros de traballo. Apunta os feitos, coa súa data e, se os houbo, as testemuñas. Garda, se os hai, os correos electrónicos que reflictan o acoso. Se crees que o necesitas, busca apoio psicolóxico. E solicita un informe médico. Busca unha mediación interna: un superior común, recursos humanos ou os representantes dos traballadores. Ás veces a solución pode ser tan sinxela como un cambio de departamento. Recorrer a tribunais, longo e custoso. Se a mediación interna non funciona, non terás máis remedio que denunciar a situación. 

 

 

Fonte de Datos: www.ocu.org

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS