A organización do traballo18-06-2012 - SAÚDE LABORALEn toda actividade laboral, os factores que inflúen de forma positiva ou negativa nas condicións de traballo poden ser materiais (contaminantes, maquinaria perigosa, iluminación, etc.), ambientais ou asociados á organización do traballo. Os factores que dependen desta última estrutura son decisivos para a realización persoal de cada individuo e contribúen a que a actividade laboral sexa compatible coa vida familiar e social. | ![]() |
|---|
O horario de traballo, o ritmo de traballo, a automatización da produción, a comunicación e as relacións persoais, o estilo de mando, o contido do traballo, a posibilidade de promoción, a identificación coa tarefa, a capacidade de iniciativa e a estabilidade de emprego son factores relacionados coa organización do traballo. A continuación ofrecemos un caso práctico no que se describen e analizan os máis representativos.
Medidas
Preventivas
1.-
A existencia de equipamentos sociais nunha empresa, como son as áreas
de descanso, os comedores e as áreas de esparexemento e ocio,
representa unha grande achega social que facilita a mellora das
relacións humanas e, por conseguinte, repercute positivamente no
sistema produtivo. É conveniente tamén que as empresas acheguen
medios colectivos de transporte ao lugar de traballo cando estes non
existan ou non ofrezan un aceptable servizo.
2.-
No momento de establecer os horarios de traballo hai que introducir
períodos de repouso regulares e suficientes. As pausas ben
repartidas no tempo e nun lugar tranquilo permiten aos traballadores
descansar, comer, relacionarse entre eles, cambiar de postura,
etc.
Estes períodos de repouso diminúen a fatiga e a tensión
nerviosa, así como favorecen o
clima laboral e benefician á empresa.
3.- Nos traballos a
quendas, débense coñecer as modificacións horarias con suficiente
antelación, para que, deste modo, os traballadores poidan acomodarse
mellor a eles, tanto en cuestión de sono e descanso como para que
poidan organizar a súa vida social.
Traballar a quendas pode
provocar insomnio, fatiga, trastornos dixestivos e cardiovasculares;
ou problemas psicolóxicos e sociais no comportamento e relación
familiar e profesional, tales como illamento progresivo,
irritabilidade, crises conxugais, trastornos sexuais, etc.
4.-
Para evitar a monotonía no traballo e fomentar a autonomía dos
traballadores, débeselles dotar dos medios necesarios para intervir
en caso de erros e incidentes, para controlalos e tomar decisións en
caso de avaría dos equipos ou os defectos de produción, sen que
teñan que depender dun control e asistencia externos.
5.-
O traballador ten que poder modificar a orde das distintas operacións
e variar de tarefa ou de posto de traballo, de modo que estes cambios
de actividade axuden a diminuír a rutina do traballo repetitivo.
6.-
O traballador ha de poder marcarse o seu propio ritmo, diminuíndo no
posible a dependencia da máquina ou doutras persoas.
7.- Os
empresarios deben fomentar entre os traballadores a participación e
a comunicación persoal. Estas son positivas para a organización
porque se aproveita máis a información e, ademais, aumentan a
motivación do persoal.
8.- Débese procurar que o estilo de
mando sexa o máis democrático posible e que permita participar a
todos os traballadores nas decisións que afectan á súa
tarefa.
9.- É importante que o empregado coñeza cal é a súa
situación laboral en relación coa seguridade no emprego, xa que
este coñecemento pode aumentar a súa satisfacción laboral e a súa
produtividade.
10.- É necesario implicar a traballadores,
construtores, deseñadores, médicos do traballo, etc. na integración
da ergonomía nos postos de traballo, de maneira que se consiga un
ambiente o máis próximo posible ao confort.
11.- Hai que
realizar cursos de formación para as caixeiras, non só no momento
da súa contratación, senón tamén periodicamente, para traballar
mellor (por exemplo: iniciación á ergonomía) e para mellorar a
calidade e a produtividade.
Fonte: ERGA - Formación
Profesional