Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

A Autoridade Sanitaria Europea rectifica e decide revisar o perigo do bisfenol A

01-06-2016 - Saúde

O bisfenol A, ou BFA, composto orgánico presente en plásticos, está considerado un perturbador endocrino; a súa presenza en biberóns foi prohibida hai 5 anos en toda a Unión Europea; nalgúns países, como Francia, incluso se prohibiu o seu uso no material illante dos envases alimentarios, medida que atopou resistencia nos tribunais. Con todo, a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria, EFSA, decidiu o ano pasado que a exposición ao bisfenol non representaba un risco para a saúde dos consumidores, o que orixinou críticas severas por parte da comunidade científica e algúns partidos políticos.

A EFSA, organismo dependente da Unión Europea, anunciou que reconsideraría a decisión unha vez coñecidos os resultados dunha investigación moi exhaustiva que realiza o Programa de Toxicoloxía de Estados Unidos, que non estarán dispoñibles ata  finais do ano que vén ou en 2018.


Con todo, ven de rectificar debido á petición expresa de Holanda, cuxo Instituto de Saúde Pública, presentou dous estudos sobre os efectos prenatales e perinatales do BFA sobre o sistema inmunitario. A EFSA decidiu constituír un grupo de traballo de expertos internacionais para avaliar os achados científicos dos estudos holandeses, que recomendan promover a investigación en produtos alternativos  e aconsellar aos consumidores que reduzan a súa exposición a este perturbador endocrino.

Activistas, que reclaman dende hai anos á EFSA que prohiba a utilización do BFA, consideran que o lobby químico, apoiado por sectores da embalaxe e outros utilizadores masivos deste plastificante antioxidante, inflúen demasiado na toma de decisións da Autoridade. Hai un sitio web, BPA Free Canned Food, onde se advirte das marcas que utilizan o produto químico e as que non. En España actúa tamén se poden consultar na web bpafree.es as marcas, unha porcentaxe moi pequena, que decidiron non utilizar este produto químico.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS