Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

A Audiencia Provincial absolve a exalcaldesa de Melide, Socorro Cea, polo accidente dun traballador municipal

21-01-2016 - SENTENZA

Os feitos ocurriron en marzo de 2009, e con anterioridade ao accidente laboral, Socorro Cea, alcaldesa de Melide nesas datas, xa impulsara a tramitación dun Plan de Prevención de Riscos Laborais, circunstancia que foi valorada pola Audiencia á hora de absolvela de toda responsabilidade no accidente do operario.

A resolución da Audiencia Provincial estimou o recurso interposto por Socorro Cea contra a sentenza ditada polo Xulgado do Penal número 4 de A Coruña, que condenara á exrexidora a 11 meses de prisión e a outros tantos de inhabilitación por senllos delitos contra os dereitos dos traballadores e de lesións por imprudencia grave.

No proceso xudicial, emprendido pola Fiscalía, solicitábanse tres anos de cárcere para a exalcaldesa. O traballador xa recibira 110.000 euros de indemnización polos danos sufridos, tras un acordo co Concello de Melide.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS