Co financiamento de:
/ Portada / Datos estatísticos

Servizo estatístico EEPP

14-12-2016 - Seguridade Social

A Seguridade Social, a través da súa páxina web, ven de poñer a disposición de tódolos cidadáns un novo servizo que permite, segundo os parámetros seleccionados, consultar e obter datos estatísticos sobre as enfermidades profesionais acaecidas aos traballadores e traballadoras afiliados/as que teñan cubertas as continxencias profesionais nos distintos réximes da Seguridade Social. Así mesmo, é posible exportar os datos consultados en diferentes formatos de arquivos, confeccionar gráficos e gardar os informes obtidos.

A información amósase distribuída en 3 bloques: partes comunicados, partes pechados e procesos.

Os partes comunicados aparecen organizados en distintas táboas estatísticas nas que o número de partes pode estudarse de acordo a uns parámetros que en cada táboa se ofrecen.

En relación aos partes pechados e procesos, ademais do número, tamén se poden consultar as súas duracións medias en función das variables que se propoñen na táboa elixida.

Ligazón ao Servizo estatístico EEPP

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS