Financiado por:
/ Portada / Datos estatísticos

Informe sobre o Estado da Seguridade e Saúde laboral en España 2019

04-01-2022 - INSST

Este informe do INSST presenta, como cada ano, ademais dos datos máis relevantes que nos permiten facer un seguimento da situación da exposición aos riscos laborais no Estado, un pormenorizado balance das accións das institucións estatais e autonómicas, encargadas da regulación, a vixilancia e control, o estudo e a promoción, e dos órganos de participación institucional. Proporciona, por iso, un coñecemento global e detallado dos retos aos que se enfronta a prevención de riscos laborais

O  INSST coa edición do “Informe sobre o Estado da Seguridade e a Saúde no Traballo de 2019” continua a tarefa iniciada en 2007 de recompilar as máis relevantes actividades desenvolvidas durante o ano polas Institucións Públicas que integran o Sistema Estatal de Prevención, isto é, a Inspección de Traballo e Seguridade Social, a Fiscalía Especializada, as Comunidades Autónomas, a Fundación para a Prevención de Riscos Laborais, a Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo e o Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

 Así mesmo, detállanse as máis importantes novidades normativas e os avances na regulación a través dos convenios colectivos da materia de seguridade e saúde no traballo.

Ligazón ao Informe sobre o estado da seguridade e saúde laboral en España 2019

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS