Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Recomendacións sobre o uso de mascarillas na comunidade no contexto de COVID-19

22-04-2020 - MINISTERIO DE SANIDADE

O uso de máscaras en poboación xeral pode servir como un medio de control da fonte de infección ao reducir a propagación na comunidade xa que se reduce a excreción de pingas respiratorias de individuos infectados que aínda non desenvolveron síntomas ou que permanecen asintomáticos.

Poderíase considerar o uso de máscaras na comunidade, especialmente cando se acode a zonas con moita xente, espazos pechados como supermercados, centros comerciais, ou cando se utiliza o transporte público, etc.

O uso de máscaras médicas (cirúrxicas) por parte dos traballadores/as sanitarios debe ter prioridade sobre o uso na poboación xeral sa.

O uso de máscaras na comunidade debe considerarse só como unha medida complementaria e non como substitución das medidas preventivas establecidas, por exemplo, distanciamento físico, etiqueta respiratoria, hixiene de mans e evitar tocarse a cara, o nariz, os ollos e a boca.

O uso apropiado das máscaras é clave para a efectividade da medida e pode mellorarse a través de campañas educativas.

As recomendacións sobre o uso de máscaras na comunidade deben ter en consideración as lagoas de evidencia, a dispoñibilidade e os posibles efectos secundarios negativos.

Recomendacións sobre o uso de mascarillas na comunidade no contexto de COVID-19

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS