Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Protocolo de medidas preventivas ante a COVID-19 nos servizos de transporte público regular de uso xeral de viaxeiros con reserva de prazas a favor de estudantes para o curso 2020-2021

10-09-2020 - ISSGA

O obxectivo deste protocolo é facer do transporte regular con reserva de praza a favor de escolares un espazo saudable e seguro mediante o establecemento de medidas preventivas, colectivas e individuais, que deben adoptarse dende o inicio do curso escolar 2020/21, tanto como polos traballadores/as como polos usuarios/as do servizo, co obxectivo de protexer e previr o máximo posible a rega de contaxio por COVID-19.

A elaboración deste protocolo levouse a cabo coa colaboración e asesoramento do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA). A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade publicou a Resolución o 4 de setembro de 2020.

Este protocolo é de aplicación aos concesionarios de contratos de servizo de transporte público regular de uso xeral de viaxeiros con reserva de prazas a favor de estudantes, ao persoal contratado por estes e aos usuarios de ditos servizos, tanto xerais como escolares con dereito de reserva de praza.

Ligazón ao Protocolo de medidas preventivas ante a COVID-19 nos servizos de transporte público regular de uso xeral de viaxeiros con reserva de prazas a favor de estudantes para o curso 2020-2021.

Ligazón ao cartel

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS