Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao SARS-CoV-2. Actualizado a 18 de novembro de 2021

23-11-2021 - MINISTERIO DE SANIDADE

MODIFICACIÓNS: Revisión das medidas preventivas no contexto actual da pandemia. Incorporación do apartado long-covid. Redución do apartado 7. Detección, notificación, estudo e manexo de casos e contactos.

A evidencia actual indica que as diferentes vacinas dispoñibles contra a COVID-19 son eficaces para reducir a infección sintomática e asintomática, a enfermidade leve, moderada e grave, e a mortalidade. Con todo, sábese que a inmunidade xerada polas mesmas non impide de forma completa a replicación do virus na mucosa das vías respiratorias superiores do suxeito vacinado e a eficacia das vacinas non chega ao 100%.

Esta realidade, xunto con a cobertura de vacinación e a situación epidemiolóxica actual, permiten expor algúns cambios na actuación dos servizos de prevención, aínda que é necesario seguir mantendo as medidas de prevención e protección recollidas neste Procedemento.

Ligazón ao documento actualizado a data 18/11/2021: Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao SARS-CoV-2

Ligazón á Nota interpretativa Tabla 1 Procedemento SPRL actualizada a data de 21.12.2020

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS