Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Plan para a Transición cara a unha Nova Normalidade

05-05-2020 - MINISTERIO DE SANIDADE

O Plan para a Transición cara a unha Nova Normalidade establece os principais parámetros e instrumentos para a adaptación do conxunto da sociedade á nova normalidade, coas máximas garantías de seguridade, trala crise provocada polo COVID-19.

Este Plan é orientativo, pois expón a folla de roteiro que ten o Goberno para avanzar cara á nova normalidade. As decisións concretas e definitivas adoptaranse polo ministro de Sanidade e o resto de autoridades delegadas.

Por tanto, todas as respostas adecúanse ao Plan aprobado, pero poderían cambiar se a decisión definitiva fose outra.

A transición será gradual, asimétrica e coordinada e a actividade e a mobilidade estruturarase en catro fases en función do control da epidemia e a velocidade que permita a situación sanitaria de cada zona, ademais doutros factores, que serán públicos e mediranse de acordo con criterios obxectivos.

Ligazón ao Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Respostas e preguntas frecuentes

Dende esta ligazón podes acceder a máis información sobre o Plan para a transición cara a unha nova normalidade

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS