Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Información Coronavirus

06-02-2020 - SAÚDE

O virus de Wuhan é un novo coronavirus chamado 2019-nCov que se transmite de persoa a persoa e provoca enfermidades respiratorias, dende o arrefriado común ata a pneumonía aguda. Foi detectado por primeira vez fai menos dun mes.

SITUACIÓN ACTUAL

Que é o virus Wuhan?

O virus de Wuhan é un novo coronavirus chamado 2019-nCov que se transmite de persoa a persoa e provoca enfermidades respiratorias, dende o arrefriado común ata a pneumonía aguda. Foi detectado por primeira vez fai menos dun mes.

Existen probas de que o novo brote orixinouse por exposición nun mercado de peixes e mariscos en Wuhan, provincia de Hubei, China.

De acordo coa información divulgada polas autoridades chinesas, unha investigación epidemiolóxica dirixida por un equipo nacional de expertos comezou o 31 de decembro de 2019 e foron implementadas as seguintes medidas de saúde pública: illamento de casos, identificación e seguimento de contactos, saneamento ambiental e investigación de laboratorio.

Con data 30 de xaneiro 2020 a OMS declarou a «emerxencia de saúde pública internacional», baseándose nos tres criterios necesarios para iso, é dicir que: se trate dun evento extraordinario, que constitúa un risco para a saúde pública doutros países a través da propagación e que poda requirir unha resposta internacional coordinada.

O virus podería propagarse nun país cun sistema de saúde máis débil. Debemos actuar para axudar a outros países. Por todas estas razóns a OMS declarou emerxencia internacional de saúde pública.

EPIDEMIOLOXÍA

Como se transmite o virus Wuhan?

Dende Wuahn, situada na zona central do territorio chinés e onde viven 11 millóns de persoas —máis que Londres ou Nova York—, o patóxeno comezou a estenderse ás provincias veciñas.

Confirmouse que este patóxeno pode contaxiarse de persoa a persoa, aínda que a evidencia actual suxire que este tipo de transmisión é limitada, o cal sería consistente co que se coñece sobre outros patóxenos semellantes.

O virus pode transmitirse orixinalmente por contacto directo entre animais e humanos ou como moitos virus, simplemente polo aire; actualmente este virus transmítese por vía aérea, é dicir, por falar ou esbirrar, ter contacto con material fecal humana contaminada ou contacto con obxectos infectados. Existen probas de que o novo brote orixinouse por exposicións nun mercado de peixes e mariscos en Wuhan, provincia de Hubei, China.

Autoridades locais informaron que os primeiros síntomas apareceron nos pacientes entre o 8 de decembro de 2019 e o 2 de xaneiro de 2020.

Ter síntomas respiratorios implica ter infección por Coronavirus 2019-nCoV?

Só pode terse o virus 2019-nCoV se se estivo en contacto con persoas que o tivesen. Dado que ata o de agora non se rexistrou ningún caso da infección no Estado español, nestes momentos non hai posibilidade de telo a menos que se estivera en China no último mes e medio.

O Centro Europeo de Prevención e Control de Enfermidades (ECDC) recomenda que se faga un test para comprobar se unha persoa ten coronavirus a todas as persoas que cumpran á vez dous requisitos: por unha banda, ter tose, dor de garganta ou dificultade para respirar; por outro, estar en contacto con portadores do 2019-nCoV ou en rexións onde circula o virus.

Que recomenda a OMS para outros países?

A OMS recomenda e alenta para mellorar a vixilancia en infeccións agudas respiratorias e revisar coidadosamente calquera patrón raro de infeccións respiratorias agudas (SARI) ou pneumonías, e notificar calquera sospeita ou caso confirmado de infección polo novo Coronavirus.

Os países tamén están avisados para continuar fortalecendo as súas medidas en casos emerxencias de saúde, na liña das International Health Regulations (2005).

«A probabilidade de introdución do virus na Unión Europea considérase baixa», segundo o Centro Europeo para a Prevención e o Control de Enfermidades, aínda que tres aeroportos continentais teñen conexión directa con Wuhan, ás que hai que sumar outras moitas indirectas. Ademais, detectáronse casos noutras áreas de China como Pequín e Guangdong; e en países como Tailandia, Xapón, Corea do Sur, Australia e máis recentemente en Estados Unidos —todos eles con antecedentes de viaxes a Wuhan.

O problema pódese agudizar debido ao comezo das vacacións polo Ano Novo chinés, o cal se traduce na maior migración humana do planeta.

Os traballadores/s teñen risco de contraer o novo Coronavirus?

Si, sobre todo os traballadores/as da saúde que poden entrar en contacto con pacientes enfermos; a OMS recomenda especificamente a estes traballadores/as que extremen as medidas de prevención e control da infección.

CLÍNICA

A Organización Mundial da Saúde (OMS) admite que «non se sabe o suficiente sobre 2019- nCoV como para sacar conclusións definitivas sobre como se transmite, as características clínicas da enfermidade ou o grao en que se propagou», pero pódense buscar similitudes con outras cepas de coronavirus, que poden presentarse de diversas formas.

Os signos comúns de infección inclúen síntomas respiratorios, febre, tose e dificultades para respirar.

En casos máis graves, a infección pode causar pneumonía, síndrome respiratoria agudo severo, insuficiencia renal e mesmo a morte.

PREVENCIÓN

Existe vacina fronte ao Coronavirus?

Non, cando unha enfermidade é nova non hai vacina; pode levar varios meses ou anos o desenvolvela.

Como me podo protexer?

As recomendacións habituais para previr a propagación de infeccións inclúen lavarse as mans regularmente, cubrirse a boca e o nariz ao tusir e esbirrar, cociñar ben a carne e os ovos, así como evitar o contacto con calquera persoa que presente síntomas de enfermidades respiratorias, como tose e esbirros.

Recoméndase acudir inmediatamente ao médico en caso de presentar síntomas e téñase antecedente de viaxar a China ou estar en contacto con algún enfermo confirmado co novo coronavirus 2019-nCoV.

Fonte: Cualtis.

Más información:

Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias –MSCBS-

OMS

 

Documentos

Guía preventiva ante o coronavirus no ámbito da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia DOG 17 04 20.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS