Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Declaración da Comisión trala presentación da Directiva (UE) 2020/739 da Comisión ao Parlamento Europeo e ao Consello

29-06-2020 - DOUE-DIARIO OFICIAL DA UNIÓN EUROPEA

O pasado 3 de xuño o DOUE publicou a Directiva (UE) 2020/739 da Comisión pola que se modifica o anexo III da Directiva 2000/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á inclusión do SARS-CoV-2 na lista de axentes biolóxicos que son patóxenos humanos coñecidos, así como a Directiva (UE) 2019/1833 da Comisión. O venres 26 publicouse a Declaración da Comisión trala presentación desta Directiva no que respecta á prevención e a protección da saúde e a seguridade dos traballadores expostos ou que poidan estar expostos ao SARS-CoV-2.

Na Directiva contémplase a inclusión do SARS-CoV-2 como patóxeno humano do grupo de risco 3 (axente patóxeno que pode causar unha enfermidade grave no home e presenta un serio perigo para os traballadores/as; existe o risco de que se propague na colectividade, pero existen xeralmente unha profilaxe ou un tratamento eficaces), no anexo III da Directiva 2000/54/CE.

Esta Directiva aplícase ás actividades nas que os traballadores/as estean ou poidan estar expostos a axentes biolóxicos debido á natureza da súa actividade profesional.

Establécese como prazo de transposición o 24 de novembro de 2020, para a modificación dos anexos V e VI da Directiva 2000/54/CE, na medida en que estean relacionadas co axente biolóxico SARS-CoV-2.

Anímase aos Estados membros a implementar a Directiva antes da data límite de transposición, na medida do posible.

Adxuntamos a Declaración da Comisión trala presentación da Directiva (UE) 2020/739 da Comisión ao Parlamento Europeo e ao Consello no que respecta á prevención e a protección da saúde e a seguridade dos traballadores expostos ou que poidan estar expostos ao SARS- CoV-2.

Ligazón á Directiva (UE) 2020/739 da Comisión do 3 de xuño de 2020 pola que se modifica o anexo III da Directiva 2000/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á inclusión do SARS- CoV-2 na lista de axentes biolóxicos que son  patóxenos humanos coñecidos, así como a Directiva (UE) 2019/1833 da Comisión.

Ligazón á Directiva 2000/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de setembro de 2000, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo.

Directiva (UE) 2019/1833 da Comisión, de 24 de outubro de 2019 pola que se modifican os anexos I, III, V e V da Directiva 2000/54/CE do Parlamento Europeo e do Consello con adapatacións de carácter estritamente técnico.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS