Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Curso da OMS sobre Prevención e control de infeccións causadas polo novo coronavirus (COVID-19)

23-03-2020 - OMS

OpenWHO activou en liña, a formación, en varios idiomas incluído o español, do curso: "Prevención e control de infeccións causadas polo novo coronavirus". Este curso de capacitación diríxese aos traballadores/as e profesionais da saúde, e se centra na prevención e o control de infeccións.

OpenWHO é a nova plataforma interactiva baseada na web da OMS que ofrece cursos en liña para persoas que se preparan para traballar en epidemias, pandemias e emerxencias de saúde ou que xa o están a facer.

Neste curso fornécese información sobre o que deben facer os centros de saúde co fin de estar preparados para responder a un caso de infección por un novo virus respiratorio como o novo coronavirus, recoñecer un caso cando ocorre e aplicar adecuadamente as medidas de Prevención e control de infeccións a fin de que a infección non se transmita ao persoal de saúde, outros pacientes nin outras persoas no estabelecemento de saúde.

Podes acceder á matrícula do curso nesta ligazón

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS