Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

Comunicado da AEPD en relación coa toma de temperatura por parte de comercios, centros de traballo e outros establecementos

18-05-2020 - Protección de datos

A AEPD expresa a súa preocupación por este tipo de actuacións, que supoñen unha inxerencia particularmente intensa nos dereitos dos afectados/as e que se están realizando sen o criterio previo das autoridades sanitarias.

A paulatina retirada das medidas de confinamento e limitación da actividade económica e social está a determinar a implantación de medidas encamiñadas a previr novos contaxios de COVID-19.

Entre estas medidas está a incluírse, aparentemente de forma xeneralizada e en moi variadas contornas, a toma de temperatura das persoas para determinar a posibilidade de que poidan acceder a centros de traballo, comercios, centros educativos ou outro tipo de establecementos ou equipamentos.

Ligazón ao Comunicado da Axencia Española de Protección de datos (AEPD) en relación coa toma de temperatura por parte de comercios, centros de traballo e outros establecementos

Ligazón ao Comunicación da AEPD sobre apps e webs de autoavaliación do Coronavirus, e

Ligazón ao  Informe sobre os tratamentos de datos en relación co COVID19

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS