Financiado por:
/ Portada / Coronavirus

ACTUALIZACIÓN 13/5/20 Infografía GTCSL: Como actuar fronte ao coronavirus no teu traballo

13-05-2020 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

Infografía interactiva sintética, para orientar a actuación dos traballadores/as e os/as seus representantes en materia de prevención fronte o risco de infección por coronavirus nos seus centros de traballo. Inclúe a través de ligazóns documentos preventivos aclaratorios e modelos de denuncia ante os organismos pertinentes

 

Infografía interactiva sintética, para orientar a actuación dos traballadores/as e os/as seus/súas representantes en materia de prevención fronte o risco de infección por coronavirus nos seus centros de traballo.

Inclúe a través de ligazóns (cor laranxa): documentos preventivos aclaratorios e modelos de denuncia ante os organismos pertinentes. Para enviar por wathsap ou correo electrónico.

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral

 

COMO ACTUAR FRONTE AO CORONAVIRUS NO TEU TRABALLO

1.- ESIXIR A EXISTENCIA DUN PROTOCOLO PREVENTIVO DE ACTUACIÓN ADAPTADO Á ACTIVIDADE DA EMPRESA que deberá somertese a consulta, e se é posible ao acordo, do Comité de Saúde Laboral, coa participación dos delegados/as de prevención e delegados/as sindicais. Dito protocolo deberá contemplar o estabelecemento e implementación de medidas preventivas: ORGANIZATIVAS: videoconferencias en lugar de viaxes e xuntanzas presenciais de traballo, teletraballo con garantías laborais e preventivas, formación on-line, quendas alternativas de traballo e utilización de novas tecnoloxías que eviten o contacto directo. DISTANCIA FÍSICA: Distancia de seguridade permanente entre traballadores/usuarios do servizo de polo menos dous metros. PAUTAS HIXÉNICAS: LIGAZÓN UTILIZACIÓN DE EPIs: eficientes ante o risco (luvas, gafas, máscaras, etc); axustadas ás características da persoa que os utilizan; persoais e intransferibles; proporcionados gratuitamente polo empresario nun número suficiente. Con información/formación sobre o uso correcto dos EPIs. No caso de non existir un protocolo específico de prevención correctamente integrado no Plan de Prevención da empresa: denunciar esta grave irregularidade ante a Inspección de Traballo e SS, Ministerio de Sanidade e Delegación do Goberno. LIGAZÓN MODELO DENUNCIA

2.- ESIXIR A EXISTENCIA E POSTA A DISPOSICIÓN DE EQUIPOS DE PROTECCIÓN INDIVIDUAL (EPIS) segundo estea estabelecido no protocolo preventivo. No caso de non estar a disposición dos traballadores/as os EPIs contemplados no protocolo da empresa, proceder a realizar a correspondete denuncia ante a Inspección de Traballo e SS, Ministerio de Sanidade e Delegación do Goberno. LIGAZÓN MODELO DENUNCIA

3.- PERSOAS ESPECIALMENTE SENSÍBEIS AO CORONAVIRUS: Segundo indica literalmente o vixente PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN PARA OS SERVIZOS DE PREVENCION DE RISCOS LABORAIS FRONTE Á EXPOSICIÓN AO SARS-CoV-2 de 8 de abril de 2020, do Ministerio de Sanidade, o Servizo Sanitario do Servizo de Prevención de Riscos Laborais (SPRL) DEBE avaliar a presenza de persoal traballador especialmente sensible en relación á infección de coronavirus SARS-CoV-2, estabelecendo a natureza de especial sensibilidade da persoa traballadora e emitindo informe sobre as medidas de prevención, adaptación e protección. Isto implica ter en conta as condicións de traballo e como estas poden afectar ao risco de contaxio (a empresa debería ter un catálogo de postos de traballo exentos de risco de contaxio). No caso de non poder evitar o risco de contaxio, o SPRL debería proceder a informar a vulnerabilidade da persoa traballadora e avalar perante o SERGAS a consideración da súa Incapacidade Temporal (IT) para traballar. No caso de non dispoñer na túa empresa dun Servizo Sanitario adscrito ao SPRL ou non ser este capaz de elaborar en tempo en forma o informe necesario, procedería xestionar a baixa por IT directamente co médico de cabeceira (SERGAS). Procedemento de Actuación na Incapacidade Temporal na Atención Primaria fronte á exposición ao novo coronavirus en Galiza  -Actualización 11/05/2020- //GRUPOS VULNERÁBEIS COVID-19: persoas con diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo, embarazo e maiores de 60 anos.//Para cualificar a unha persoa como especialmente sensible para SARS-CoV-2, debe aplicarse o indicado con anterioridade en negrilla. Esa avaliación é a única actividade técnica que poderá servir de base para tomar as decisións técnico preventivas adaptadas a cada caso.. No PROCEDEMENTO DE ACTUACIÓN PARA OS SERVIZOS DE PREVENCION DE RISCOS LABORAIS FRONTE Á EXPOSICIÓN AO SARS- CoV-2 de 30 de abril de 2020, no Anexo lV ofrécese unha Guía de actuación para a xestión da vulnerabilidade e o risco no ámbito sanitario e sociosanitario, e no Anexo V a Guía de actuación para a xestión da vulnerabilidade e o risco en ámbitos non sanitarios ou sociosanitarios. No caso de irregularidades denunciar ante a Inspección de Traballo e SS, Ministerio de Sanidade e Delegación do Goberno.   LIGAZÓN MODELO DENUNCIA

4.- SE TEMOS SINTOMATOLOXÍA. As persoas que presenten sintomatoloxía (febre, tose…), deberán contactar cos servizos de saúde telefonicamente chamando ao teléfono 900 400 116, que indicarán ao traballador/a as pautas a seguir. Se se ten sensación de falta de aire, empeoramento ou sensación real de gravidade por calquera outro síntoma, chamar ao 061.

 5.- NO CASO DE CONTAXIARSE OU ESTAR SOMETIDO A ILLAMENTO. En ámbolos dous casos temos dereito á baixa nas mesmas condicións económicas que as de accidente de traballo. Nestas situacións será exclusivamente o persoal médico de atención primaria do SERGAS quen emita os partes de baixa e alta en todos os casos de afectación por coronavirus. En ningún caso, estes partes poderán ser emitidos polos facultativos das Mutuas Colaboradoras coa S.S., do Instituto Social da Mariña ou das Empresas Colaboradoras. Non hai que emitir parte de accidente de traballo nestas situacións, será sempre tramitado como enfermidade común.

6.- NO CASO DE DÚBIDAS, DIFICULTADES OU NECESIDADE DE ASESORAMENTO, poñerse en contacto coas estruturas sectorias e/ou locais da CIG máis achegados ao teu centro de traballo para que te poidan prestar o apoio e o asesoramento correspondente. http//www.cig.gal

Podes acceder a este documento no PDF ADXUNTO


Documentos

COMO ACTUAR FRONTE AO CORONAVIRUS NO TEU TRABALLO 11 05 2020.pdf
A Secretaría Confederal de Saúde Laboral da CIG critica a indefensión das persoas traballadoras especialmente sensíbeis ou vulnerábeis ao COVID-19.pdf
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS