Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Xestión dos riscos psicosociais nos lugares de traballo europeos

10-07-2018 - EU-OSHA

Un novo informe elaborado por mor dos datos obtidos da segunda enquisa europea de empresas sobre riscos novos e emerxentes (ESENER-2), examina os obstáculos e os impulsores da xestión dos riscos psicosociais no traballo e como afectan os diversos contextos nacionais e organizativos.

O informe revela que, aínda que se constata que a exposición dos/as traballadores/as aos riscos psicosociais vai en aumento, o nivel de risco e a eficacia da xestión varían segundo os sectores e os estados.

Así, o contexto de cada estado (cultura, economía e iniciativas en materia de saúde e seguridade laboral por parte dos interlocutores sociais) está relacionado coa xestión dos riscos psicosociais.  O informe tamén pon de manifesto que  o compromiso da dirección e a participación dos/as empregados/as son clave para protexer aos traballadores/as de Europa de tales riscos.

O informe tamén considera as implicacións prácticas destas conclusións.

Ligazón á análise detallada no informe completo e no resumo executivo para obter unha descrición xeral dos principais achados

Máis información acerca de  ESENER-2

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS