Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Protocolo para a vixilancia sanitaria específica do adenocarcinoma de fosas nasais e seos paranasais en persoas traballadoras expostas a po de madeira

06-09-2021 - OSALAN

O longo período de latencia para o desenvolvemento do adenocarcinoma e a maior supervivencia dos afectados tratados nos estadios precoces da enfermidade fan necesario expor pautas sobre as probas e exploracións médicas aplicables á detección precoz do adenocarcinoma de fosas nasais e seos paranasales en persoas traballadoras expostas ao po de madeira. O obxectivo deste protocolo é a detección precoz do adenocarcinoma de fosas nasais e seos paranasales en persoas traballadoras expostas ao po de madeira. Co “Protocolo para a vixilancia sanitaria específica do adenocarcinoma de fosas nasais e seos paranasais en persoas traballadoras expostas a po de madeira”, Osalan achegou en 2014 a base que serviu para desenvolver o Protocolo que agora se publica.

Este Protocolo realízase dando cumprimento ao establecido no Real Decreto 39/1997, polo que se aproba o Regulamento dos Servizos de Prevención, que dispón no seu artigo 37.3. c que a vixilancia da saúde estará sometida a protocolos específicos ou outros medios existentes con respecto aos factores de risco aos que estea exposto o traballador.

Ligazón ao Protocolo para a vixilancia sanitaria específica do adenocarcinoma de fosas nasais e seos paranasais en persoas traballadoras expostas a po de madeira

Para valorar estas cuestións e emitir recomendacións baseadas na evidencia dispoñible elaborouse unha Guía para a vixilancia sanitaria do  adenocarcinoma de fosas nasais e seos  paranasales en persoas traballadoras expostas a po de madeira. Esta Guía serviu de base para a elaboración do Protocolo.

Ligazón ao Protocolo para a vixilancia sanitaria específica do adenocarcinoma de fosas nasais e senos paranasais en persoas traballadoras expostas a po de madeira (Versión 2019)

Ligazón á Guía para a vixilancia sanitaria do  adenocarcinoma de fosas nasais e senos paranasais en persoas traballadoras expostas a po de madeira

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS