Financiado por:
/ Portada / Actuación preventiva

Plan Tipo de Movilidade Segura e Sostible na Empresa

26-04-2021 - INSST

Os accidentes de tráfico convertéronse nunha das primeiras causas de morte por accidente laboral. A maior parte destes accidentes son de vehículos de motor particulares, fundamentalmente automóbiles e motocicletas, xa que unha gran parte dos desprazamentos cotiáns de millóns de traballadores/as para acceder aos seus centros de traballo realízanse, precisamente, neste tipo de vehículos.

Este modelo actual de mobilidade, provocado en boa parte polo cambio urbanístico das nosas cidades, xera igualmente outros impactos que afectan de forma negativa ao benestar e a calidade de vida: as conxestións de tráfico, as emisións contaminantes, o ruído do tráfico ou a gran dependencia dos combustibles derivados do petróleo, móstranse como exemplos evidentes dos impactos negativos producidos por este modelo.

No ano 2011 a Dirección Xeral de Tráfico, xunto co Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo, elaboraron o Plan Tipo de Seguridade viaria na Empresa, como guía metodolóxica de apoio, dirixida fundamentalmente aos responsables de prevención de riscos nas empresas. Nestes anos dita guía resultou de moita utilidade para numerosas empresas á hora de elaborar os seus propios plans, aínda que, a súa aplicación centrouse fundamentalmente naquelas de tamaño grande ou mediano.

Esta actualización da guía, ten como obxectivo fundamental proporcionar información e ferramentas a empresas e a traballadores/as sobre os aspectos relevantes da xestión da seguridade viaria e a mobilidade sostible no ámbito empresarial, tratando de facela máis útil e didáctica para as pequenas e medianas empresas, cuxa importancia numérica no noso tecido empresarial é innegable.

Lograr un cambio modal cara a unha mobilidade máis segura e sostible nos desprazamentos relacionados co traballo, debe constituír un reto prioritario na actuación de todos os sectores implicados; tanto das diferentes Administracións Públicas, como das empresas, sindicatos e os propios traballadores/as.

Ligazón ao Plan Tipo de Movilidade Segura e Sostible na Empresa

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS