Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Medidas preventivas recomendadas para os equipos de tracción instalados a bordo dos pesqueiros de arrastre

05-06-2024 - INSST

O presente documento trata sobre os equipos de tracción instalados a bordo dos pesqueiros e utilizados nas faenas de pesca, como son as maquinillas de arrastre, os tambores de rede, as maquinillas de lanteón e outras maquinillas auxiliares de cuberta, así como os equipos complementarios como os paus ou pórticos de soporte, pastecas, cables de arrastre, cables de manobra, accesorios, etc. Estes equipos de traballo atópanse involucrados nunha parte importante dos accidentes graves e mortais que se producen no sector, especialmente na modalidade de arrastre, de acordo coos estudos de caracterización de accidentes realizados polo Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.

O documento ten por obxecto presentar a normativa aplicable, ofrecer criterios para avaliar os riscos e recomendar medidas preventivas tanto para a etapa de deseño como para a de utilización dos devanditos equipos de traballo.

Está estruturado en tres partes: unha primeira na que se presentan e describen os diferentes tipos equipos de tracción e, a continuación, indícanse os principais perigos que estes xeran nas distintas fases de utilización; outra segunda parte na que se recomendan as medidas preventivas para o deseño; e unha terceira na que se abordan as medidas preventivas para a utilización.

Ligazón ao Documento Técnico: Medidas preventivas recomendadas para os equipos de tracción instalados a bordo dos pesqueiros de arrastre. INSST 2024

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS