Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Guía rápida de compra, instalación e posta en servizo dun robot colaborativo

07-06-2024 - INSST

Esta guía do INSST pretende ser unha axuda dende o punto de vista preventivo, para aquelas empresas que se expoñen á posibilidade de adquirir, implantar e utilizar un robot colaborativo. O seu obxectivo é dar a coñecer a normativa de aplicación e identificar aos intervintes no proceso de compra, instalación e posta en servizo dun robot colaborativo en aplicacións colaborativas, así como as súas funcións e responsabilidades.

O documento recolle un apartado de definicións relacionadas coa robótica colaborativa, describe a normativa aplicable na súa comercialización, instalación e posta en servizo e as figuras implicadas nas devanditas etapas, explica os métodos básicos de seguridade en aplicacións colaborativas e presenta brevemente algunhas das funcións de seguridade utilizadas nestas aplicacións colaborativas.

Ligazón á Guía rápida de compra, instalación e posta en servizo dun robot colaborativo. INSST 2024

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS