Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Guía de planificación do tempo de traballo no departamento de pisos como ferramenta preventiva

10-07-2024 - ICASEL

Nesta guía propóñense uns criterios técnicos para adaptar e aplicar o estudo de tempos como unha ferramenta preventiva eficaz na adecuación e/o regulación do ritmo e a carga de traballo no posto de camareira de pisos. Está destinada ao Departamento de Pisos, en particular ao posto de traballo de camareira de pisos na limpeza de habitacións, sen descartar a súa utilización para o cálculo de tempo noutras tarefas de limpeza.

As camareiras de piso, dedicadas principalmente á limpeza de habitacións, son un dos colectivos máis importantes dos persoais dos hoteis. A súa actividade profesional “require dunhas grandes demandas físicas. A repetición de movementos e mantemento de posturas forzadas durante gran parte da xornada laboral dan lugar á aparición de TME que á súa vez condicionan unha peor percepción de saúde e a redución da calidade de vida das persoas afectadas.

Así mesmo, presentan escaso control sobre o tempo para facer as súas tarefas, baixas recompensas e a dobre carga de traballo que sofren as traballadoras cada día responsabilizándose, maioritariamente, do traballo doméstico e familiar. Como consecuencia, sofren unha alta prevalencia de patoloxías de tipo musculoesquelético, tratadas habitualmente como enfermidade común.

A problemática desta categoría profesional foise abordando, desde entón, desde diferentes metodoloxías de actuación, ata chegar á situación actual, na que o proceso de intervención céntrase en regular o ritmo de traballo a partir da asignación dunha carga de traballo acorde ao tempo dispoñible.

A metodoloxía que propón este documento busca determinar, a partir da análise do proceso e as tarefas que conlevan a limpeza dunha habitación e a súa posible mellora, o tempo óptimo que require dita limpeza. Trátase dun enfoque non excluínte e complementario doutras posibles abordaxes desde a ergonomía ou a psicosociología, co fin de mellorar as condicións de traballo das camareiras de pisos e, por tanto, previr a aparición de danos á saúde.

Obxectivos:

1. Axustar e/o regular o ritmo de traballo das camareiras de pisos, adecuando o número de habitacións a limpar ao tempo dispoñible para esa tarefa, como medida preventiva fronte ao risco que representa unha carga de traballo elevada no Departamento de Pisos.

2. Mellorar o procedemento de limpeza co fin de proporcionar unhas condicións de traballo adecuadas, que incidan na diminución das patoloxías musculoesqueléticas dentro do colectivo de camareiras de pisos.

3. Dotar ás empresas dunha ferramenta que lles permita planificar adecuadamente a distribución do traballo de limpeza de habitacións das camareiras de pisos, asegurándose de que o persoal dispoñible é adecuado para evitar sobrecargas e excesos.

4. Cuantificar os excesos de traballo que puntualmente se produzan, co fin de que se estableza un sistema de compensación en tempo de descanso.

5. Dar cumprimento ás normas legais ou convencionais que establezan, no seu caso, a obrigatoriedade de realizar un estudo de tempos no Departamento de Pisos.

6. Establecer un marco participativo na xestión dos riscos ergonómicos

Ligazón á guía: “Planificación do tempo de traballo no departamento de pisos como ferramenta preventiva”. ICASEL 2024

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS