Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Estratexias para a seguridade e a saúde laboral nun mundo automatizado

02-07-2024 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no traballo

Cos continuos avances da robótica e a IA, a automatización no traballo incorporou máis tarefas, tanto físicas como cognitivas. A medida que as organizacións en Europa incorporan novas automatizacións, é esencial comprender as oportunidades, pero tamén os riscos e desafíos destas tecnoloxías relacionadas coa seguridade e a saúde no traballo. Un deseño centrado nas persoas e unha comunicación clara son clave para garantir e promover o benestar dos traballadores mentres se aproveita ao máximo a transformación dixital.

A Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo (EU-OSHA) organizou a Campaña 2023-2025 «Traballos saudables» a escala europea co fin de concienciar sobre as implicacións do uso das tecnoloxías dixitais para a seguridade e a saúde no traballo. Se se deseñan, implantan, xenstionan e se utilizan conforme a un enfoque centrado nas persoas, as tecnoloxías dixitais poden resultar seguras e produtivas. Dado que o uso destas tecnoloxías dixitais segue en aumento e que as súas repercusións sobre o traballo e os lugares de traballo non son do todo coñecidas, é importante chegar a comprender o modo de perfeccionar as estratexias orientadas a promover e protexer a seguridade e a saúde das persoas traballadoras

Ligazón á  ficha informativa: Estratexias para a seguridade e a saúde laboral nun mundo automatizado

Ligazón á Campaña 2023-2025 «Traballos saudables»

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS