Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña Enfermidades profesionais redeiras

06-06-2024 - ISSGA

Esta campaña do ISSGA, en colaboración con ANMUPESCA, ten como obxectivo sensibilizar e difundir a necesidade dunha mellor identificación das enfermidades profesionais recoñecidas legalmente ás redeiras, por ser unha das principais preocupacións deste colectivo. O eixo principal é sensibilizar e difundir a necesidade de estabelecer un mellor coñecemento sobre a EP, as súas causas laborais e sobre a súa codificación.

Tamén reforzar a obriga de comunicar toda sospeita de EP polo canal establecido, para en definitiva, poder confirmar a orixe laboral da enfermidade desde o primeiro momento da atención sanitaria, para que non continúen sendo tramitadas na maioría dos casos como enfermidade común.

Por eso considérase fundamental a formación e información tanto do persoal facultativo como do traballador para darlle seguridade a este colectivo profesional sobre os dereitos legalmente recoñecidos no ámbito da EP tratando de mellorar a súa saúde laboral.

Axudar a un colectivo altamente feminizado con gran número de traballadoras por conta propia, cunhas peculiaridades no desenvolvemento do seu traballo que as fan merecedoras dun especial acompañamento do ISSGA para o recoñecemento dun dereito no ámbito da saúde laboral.

Ligazón ao documento Enfermidades profesionais redeiras

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS