Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña Enfermidades Profesionais Mariscadoras

03-06-2024 - ISSGA

Esta campaña do ISSGA, en colaboración con ANMUPESCA, ten como obxectivo sensibilizar e difundir a necesidade dunha mellor identificación das enfermidades profesionais recoñecidas legalmente ás mariscadoras, por ser unha das principais preocupacións deste colectivo.

O eixo principal desta iniciativa é sensibilizar e difundir a necesidade de estabelecer un mellor coñecemento sobre a Enfermidade Profesional, as súas causas laborais e sobre a súa codificación. E tamén, reforzar a obriga de comunicar toda sospeita de Enfermidade Profesional polo canal estabelecido, para en definitiva, poder confirmar a orixe laboral da enfermidade dende o primeiro momento da atención sanitaria, para que non continúen sendo tramitadas na maioría dos casos como enfermidade común.

Por eso considérase fundamental a formación e información tanto do persoal facultativo como da traballadora para darlle seguridade a este colectivo profesional sobre os dereitos legalmente recoñecidos no ámbito da Enfermidade Profesional tratando de mellorar a súa saúde laboral.

Axudar a un colectivo altamente feminizado con gran número de traballadoras por conta propia, cunhas peculiaridades no desenvolvemento do seu traballo que as fan merecedoras dun especial acompañamento do ISSGA para o recoñecemento dun dereito no ámbito da saúde laboral.

Ligazón ao documento Enfermidades profesionais mariscadoras

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS