Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Accidente in itínere

03-07-2024 - ACCIDENTE IN ITÍNERE

Accidente in itínere Segundo o INSST, un accidente laboral de tráfico in itinere é aquel que sofre a persoa traballadora nos desprazamentos ao ir ou ao volver do domicilio habitual ao centro de traballo. Algunhas das causas máis comúns polas que se producen este tipo de accidentes son o consumo de alcohol, drogas ou medicamentos que interferen na condución, exceso de velocidade, distraccións na condución, adiantamentos incorrectos, incumprir as normas de circulación, exceso de confianza ao volante, cruzar por zonas sen sinalización, sen pasos de peóns ou semáforos, sen prestar atención á estrada,e non respectar semáforos nin sinais mentres se circula en bicicleta.

As medidas preventivas que podemos adoptar, dependendo de como se realice o desprazamento, son:

Coche

Respectar a normativa de Seguridade viaria.

Usar cinto de seguridade.

Respectar os límites de velocidade.

Avisar/indicar as manobras con antelación.coche

En días de tempo adverso, extremar a precaución.

Non consumir alcol, estupefacientes nin psicotrópicos.

Realizar mantementos obrigatorios do vehículo.

Camiñando

Vixiar zonas de cruces de estrada e non cruzar as rúas por zonas non sinalizadas (non existencia de paso de peóns ou semáforos).

Se non fose posible cruzar a rúa por zonas sinalizadas pola inexistencia das mesmas, ao cruzar extremaranse as precaucións, vixiando a presenza de posibles vehículos que vaian pasar.

Ter precaución en bordos, beirarrúas con danos, chanzos, ramplas que nos atopemos no traxecto.

Se camiñas pola estrada usar chaleco reflector, circular pola esquerda e pola beiravía e en curvas ou cambios de rasante abeirarche á cuneta.

Bicicleta

Respectar os sinais de circulación.

Utilizar o casco de seguridade e é recomendable utilizar roupa reflectora.

Se se circula pola noite, por pasos inferiores ou túneles, é necesario levar iluminación.

Está prohibido circular con auriculares ou utilizar o teléfono móbil.

Sinalizar as manobras que vaias realizar.

En días de choiva e vento, circular máis amodo e extremar a precaución.

Patinete eléctrico

Respectar o código de circulación.

Utilizar casco e chaleco reflector.

Non exceder os 25-30 km/hora.

En caso de condicións atmosféricas adversas, extremar a precaución.

En caso de circular con baixa visibilidade, dotar ao patinete de iluminación adecuada.

Transporte público

Respectar as normas do transporte utilizado.

Non subir nunca a un vehículo en marcha.

Non tentar subir se vai demasiado cheo.

Se viaxa en metro, non achegarse ao bordo da plataforma.

Previr os accidentes in itienere é unha responsabilidade compartida que require do compromiso tanto dos empregados/as como das empresas. Cumprir coas normas de seguridade viaria, manter unha actitude responsable ao volante, e estar atentos ás condicións da contorna son pasos esenciais para reducir significativamente os riscos asociados cos desprazamentos laborais.

Fonte:  europreven

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS